Noticias

Alrededor de 50.000 emigrantes gallegos de la Unión Europea podrían retornar con su pensión de empresa

La Xunta de Galicia debate en Bruselas el mantenimiento de las pensiones complementarias.

Los 50.000 gallegos que actualmente trabajan en otros países de la Unión Europea podrían retornar a Galicia sin perder lo que han cotizado en su actual empresa, según informó la Xunta en un comunicado. Esto podría ser posible si se aprueba la directiva para el mantenimiento de las pensiones complementarias de los trabajadores que se desplazan y que será abordada en Bruselas en una reunión a la que acudirán responsables de la Consellería de Trabajo.

La normativa será llevada al Consejo de Ministros europeo de este otoño, en el que el titular de Trabajo de la Xunta, Ricardo Varela, representará la postura de las 17 comunidades autónomas, además de Ceuta y Melilla. Según la Xunta, la aprobación de esta directiva es de vital importancia para Galicia, ya que hay 50.000 gallegos trabajando en distintos países de la Unión, que se distribuyen 16.344 en Francia; 13.694, en Alemania; 10.101, en Reino Unido; 2.871, en Portugal; y 2.545 en los Países Bajos.

La propuesta parte del principio de que las cotizaciones a un régimen complementario de pensión, sufragado bien por el propio trabajador, bien por la empresa en nombre de su empleado, no se deben perder en caso de movilidad laboral a nivel nacional o trasnacional, incluso cuando dichas cotizaciones aún no supongan derecho a pago de una futura pensión.

El objetivo de esta medida es potenciar la libre circulación de trabajadores en una época de cambio de la evolución demográfica, una posición a la que España es favorable. En la reunión se intentará avanzar en las normas armonizadoras sobre las condiciones de adquisición de las pensiones complementarias, agregó la misma nota.

La finalidad es establecer una edad mínima de 21 años para poder acceder a las prestaciones, así como un período de espera en la empresa de un año como máximo para la afiliación al régimen complementario, y fijar la consideración de un período de dos años para la adquisición de los derechos.

Por otra parte, la propuesta de directiva pretende que los trabajadores que cesen su actividad laboral en una empresa no queden penalizados por cualquier régimen que intervenga en la transferencia.

Nota remitida por el Gabinete de Prensa de la Consellería de Traballo de la Xunta:

A Consellería de Traballo abordará en Bruxelas a proposta de Directiva para o mantenemento das pensións complementarias dos traballadores que se desprazan, unha normativa que será levada ao Consello de Ministros deste outono e no que Ricardo Varela representa a postura das 17 Comunidades Autónomas, ademais de Ceuta e Melilla.

A aprobación desta directiva é de vital importancia para Galicia tendo en conta que hai 50.000 galegos traballando noutros países da Unión Europea. De saír adiante a proposta, estas persoas poderían retornar a Galicia a traballar, sen perder o que levan cotizado coa súa actual empresa. A maior parte destes 50.000 galegos, 16.334 residen en Francia; 13.694, en Alemaña; 10.101, no Reino Unido; 2.871, en Portugal e 2.545 nos Países Baixos.

A proposta parte do principio de que as cotizacións a un réxime complementario de pensión, sufragado ben polo propio traballador, ben pola empresa en nome do seu empregado, non se deben perder en caso de mobilidade laboral a nivel nacional ou transnacional, incluso cando ditas cotizacións aínda non supoñan dereito a pago dunha futura pensión. O obxectivo é potenciar a libre circulación nunha época de cambio da evolución demográfica.

Na reunión intentarase avanzar, por unha banda, nas normas harmonizadoras sobre as condicións de adquisición das pensións complementarias. Trátase de fixar unha idade mínima de 21 anos para poder acceder ás prestacións; de establecer un período de espera na empresa dun ano como máximo para a afiliación ao réxime complementario, e fixar a consideración dun período de dous anos para a adquisición dos dereitos.

E, por outra banda, quérese avanzar nos aspectos coordinatorios para manter os dereitos adquiridos e garantir a súa transmisión. É dicir, a proposta de Directiva pretende que os traballadores que cesen a súa actividade laboral nunha empresa non queden penalizados por calquera dos réximes que interveñen na transferencia. Ao mesmo tempo, quere garantir a traspaso do capital e, no seu caso, a súa integración nun novo réxime complementario.

A posición española é moi favorable a esta directiva que facilitará a libre circulación de traballadores e a consolidación do mercado interior.

Así mesmo, está convocada unha nova reunión en Bruxelas para avanzar na creación dun Fondo Europeo de Adaptación a Globalización, unha iniciativa que conta co respaldo de Ricardo Varela e que entraría en funcionamento en xuño de 2007.

O citado Fondo servirá para subvencionar accións que permitan a reintegración laboral de traballadores despedidos. Así, fomentarase con axudas a busca dun novo posto de traballo e facilitaranse aquelas accións de formación e reciclaxe que permitan adaptarse ao traballador a unha nova situación laboral. O Fondo tamén contemplará entre as súas accións subvencionables, complementos de renda temporais, asignacións de mobilidade e complementos salariais temporais para traballadores maiores de 50 anos que sirvan para compensar a aceptación dun novo traballo cun soldo inferior ao que tiñan con anterioridade. Para todo este tipo de accións, a proposta de creación deste Fondo Europeo fixa como máximo unha aportación de 500 millóns de euros ao ano.

Non obstante, a posición española considera que os criterios de intervención do Fondo, é dicir, para poder acceder ás axudas, son demasiado restrictivos, polo que na reunión do martes a delegación española, da que forma parte o equipo de Ricardo Varela, tratará de mellorala. Entre os criterios de intervención recollidos na proposta actual inclúense os casos nos que se produza o despido de máis de 1.000 traballadores nunha empresa (incluídos indirectos, provedores e contratas) nunha provincia na que se rexistre unha taxa de desemprego superior á media europea ou nacional. Outro criterio para a aplicación nunha determinada zona é o que se refire a máis de 1.000 despidos, durante 6 meses nunha Comunidade, nun sector que represente como mínimo o 1% do emprego rexional.

, 2006-09-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (estacions-ano-cdc.jpg) A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, símbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Foto de la tercera plana (infancia_2.jpg) Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao período lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantís.

Notas

Ducias de persoas participaron nas actividades do Vendaval, Mostra de Cinema Portugués na Ribeira Sacra, que entre o 25 e o 30 de agosto levou proxeccións, concertos, conversas e encontros con cineastas a diferentes espazos da comarca. Unha proposta cultural diferente, de balde e vinculada ao territorio que volverá durante o outono e a primavera con dous novos pases e novas propostas cinematográficas.
A USC vén de reafirmar a súa aposta en prol da administración dixital e de que parte dos seus servizos poidan ser prestados de xeito eficaz por medios telemáticos, coa renovación (2026-2028) do Certificado de conformidade co Esquema Nacional de Seguridade no seu nivel medio. Isto é froito do traballo conxunto da Secretaría Xeral, a unidade de Seguridade da Información que coordinou o proceso, a Área TIC, e o Comité de Seguridade da Información.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES