Noticias

Presentado el Plan de Reequilibrio Territorial de Galicia. Se invertirán 204 millones de euros en los municipios con menor renta y bienestar

Fue aprobado por el Consello de la Xunta y presentado a los medios de comunicación.

El Consello de la Xunta aprobó el Programa de Reequilibrio Territorial de Galicia por el que la Consellería de Economía e Facenda invertirá 204 millones de euros en acciones que contribuyan a equilibrar a los ayuntamientos con menos renta y bienestar.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, explicou o informe que deu a coñecer a Consellería de Economía sobre o Programa de Reequilibro Territorial. Con este plan, a Xunta comprométese a investir 204 millóns de euros en accións de reequilibrio. Emilio Pérez Touriño sinalou que este programa incluíase nos compromisos de Goberno e a Lei de Orzamentos de 2006 introduciu a novidade de que cada ano incluiríase un fondo de reequilibrio cunha dotación mínima de 150 millóns de euros. Para este exercicio supérase esta cifra, ata chegar aos 204 millóns.

Segundo dixo o titular do Goberno galego a Xunta “asumiu o programa 2006 que inclúe unha serie de actuacións dirixidas ao reequilibrio”, nun ano que o presidente cualificou de “rótula e transición”. Neste sentido, indicou que se trata dun exercicio no que rematan os programas europeos anteriores e se da paso ao novo MECEGA, marco europeo de converxencia aprobado no pasado consello.

O programa está dirixido ás areas de Galicia con menor crecemento económico, con menores niveis de renda e menor nivel de benestar. No que se refire ao ámbito de actuación do plan de reequilibrio, este abrangue 254 municipios, que supoñen, en palabras do presidente “preto do 90% da superficie total de Galicia e que, sen embargo, acollen o 38% da poboación e teñen rendas inferiores a un 90% de media”.

A través deste plan póñense en marcha máis de 500 accións en áreas de accesibilidade, infraestruturas, medio ambiente, recuperación patrimonial e urbanística.

Tras este período, tildado de “transición” polo presidente, e dentro do marco do MECEGA, O Goberno autonómico aprobará no primeiro trimestre o Plan de Reequilibrio Territorial para os anos 2007-2013, coincidindo coa aprobación por parte da UE do MECEGA, que contempla o marco de converxencia para este mesmo período.

Emilio Pérez Touriño subliñou a aprobación do Proxecto de Lei de Estatística 2007-2011, unha normativa que, segundo afirmou, “permitirá maior rigor, transparencia e amplitude das estatísticas da comunidade autónoma”. “Rigor en canto a que se establecen tipoloxías e características para que unha estatística ou información poida ser conceptuada como tal, de acordo coa normativa europea, xa que non todas están acompañadas do rigor necesario para que sexa oficial”, informou o presidente.

A lei tamén garantirá maior transparencia porque se inclúe a esixencia de publicidade e amplía o abano de actuación a ámbitos que na actualidade non están contemplados como son demografía, territorio e medio ambiente e a aplicación das novas tecnoloxías.

R., 2006-09-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES