
Se firmaron en Santiago de Compostela dos protocolos para la promoción del turismo rural y termal entre los jóvenes y los mayores. Con esta medida el vicepresidente de la Xunta y el conselleiro de Innovación e Industria pretenden aumentar el número de plazas para estos colectivos en los establecimientos del sector en Galicia.
Se trata de una iniciativa enmarcada en el conjunto de acciones encaminadas a suavizar los daños sufridos por la hostelería gallega a consecuencia de la oleada de incendios del verano, al mismo tiempo que se promueve entre los jóvenes y los mayores este tipo de oferta rural y termal.
Nota de prensa remitida por los Gabinetes de Comunicación de Vicepresidencia de la Xunta y de la Consellería de Innovación e Industria:
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, asinaron dous protocolos de colaboración para o fomento do turismo termal e rural entre a xuventude e as persoas maiores do país. Estes acordos definen o marco, o réxime e os termos de colaboración entre ambos departamentos, para a realización de actividades encamiñadas ao fomento destas actividades. Pretenden ademais servir para impulsar a actividade turística en Galiza tras os danos sufridos no sector a consecuencia da vaga de lumes deste verán.
O vicepresidente explicou que estes acordos supoñen unha boa oportunidade para trasladar a toda a cidadanía -galega, española e europea- que aquí este verán houbo un grave problema, pero que Galiza segue sendo un país verde. Anxo Quintana sinalou que non podemos converter o que foi unha catástrofe nun fenómeno contra os nosos propios intereses. Engadiu que Galiza segue sendo un obxectivo turístico de primeira orde, onde a paisaxe, o patrimonio, a cultura e a gastronomía son dignas de ser visitadas e coñecidas. Quintana indicou que no Goberno hai conciencia dos problemas económicos que os lumes provocan nalgúns sectores, polo que estes protocolos queren axudar a minimizar os seus efectos.
O conselleiro de Innovación e Industria explicou que os protocolos asinados promoverán a estancia de mozos e maiores en establecementos de turismo rural e termal durante a tempada baixa, sempre de acordo co sector. Fernando Blanco manifestou que, ademais de ser unha iniciativa de finalidade terapéutica e de saúde sobre todo para os maiores-, isto suporá unha gran ocasión para promover o coñecemento do país entre dous sectores sociais tan significativos como son a xente nova e as persoas maiores.
Quintana anunciou ademais que a Vicepresidencia e a Consellería de Innovación e Industria presentarán un programa específico de estancia de xente maior en establecementos termais, un programa ambicioso que se comezará a desenvolver en 2007 e que terá tres finalidades: turística, terapéutica e de coñecemento do país. Anxo Quintana explicou que deste xeito Galiza se sumará aos hábitos europeos de empregar as estancias termais coma unha fórmula crucial para o envellecemento activo.
No caso das persoas maiores, o protocolo establece que as accións estarán dirixidas a promover o ocio creativo, o envellecemento activo e saudable e o goce do tempo de lecer deste colectivo. Búscase contribuír á promoción da participación dos maiores na vida diaria da súa comunidade, e fundamentalmente, mellorar a súa autonomía persoal. As finalidades básicas son dúas: unha de carácter preventivo e terapéutico, mediante o desenvolvemento de tratamentos termais e balneoterapia en establecementos termais, e por outra parte, un obxectivo turístico, coa posibilidade de coñecer a riqueza do patrimonio histórico, artístico e paisaxístico de Galiza.
Con respecto aos mozos e mozas, trátase tamén de fomentar un ocio creativo e saudable neste segmento da poboación. Preténdese ofrecerlles formas alternativas e saudables para gozar do seu tempo de lecer, impulsando ademais o coñecemento de todo o país por parte da xuventude.
O ámbito de colaboración destes protocolos será obxecto de desenvolvemento e concreción posterior, cara a reflectir de xeito pormenorizado a dimensión e alcance da cooperación. Entre as diferentes fórmulas a impulsar figura, con carácter prioritario, o impulso e promoción do acceso das persoas maiores e os xoves aos programas de turismo rural e termal, a través da posta a disposición dos mesmos dun maior número de prazas e quendas en distintos establecementos do sector, facilitando o seu acceso a tratamentos termais e o desenvolvemento de actividades de lecer na natureza, que contribúan de xeito significativo a mellorar a súa calidade de vida.
Foi presentada a novena edición de Intersección, Festival Internacional de Cine da Coruña, celebrada nos Cantones Cines. O festival desenvolverase do 13 ao 17 de outubro cunha programación que combina proxeccións, exposicións, formación e encontros profesionais arredor das novas linguaxes cinematográficas. Así, as seccións competitivas Galicia, Internacional e Fulgor achegarán ao público obras afastadas dos circuítos comerciais habituais e novas voces da creación audiovisual contemporánea. En concreto, a sección Internacional reúne 27 filmes procedentes de 22 países, entre os que figuran catro estreas mundiais, 17 en España e cinco en Galicia. As propostas exploran cuestións como a tecnoloxía, a memoria, o territorio e a identidade desde linguaxes e xeografías diversas.
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou en Santiago, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o acto do Día da Ciencia en Galicia, no que se homenaxeou á oceanógrafa Aida Fernández Ríos (Vigo, 1947 - Moaña, 2015) como Científica Galega 2026. Ademais, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco científicas e científicos da nosa comunidade. O presidente da Academia destacou que 'Aida Fernández Ríos foi unha investigadora capaz de identificar problemas relevantes e de situalos nun contexto internacional, converténdose nunha científica respectada moito máis alá de Galicia.