Noticias

Presentada la oferta de la Red Gallega de Teatros y Auditorios. El Igaem promueve danza, música clásica y jazz

El programa de danza comienza en Vilagarcía con el espectáculo N8 OHX.

Nuevos programas de danza, jazz y música de cámara complementan la oferta de la Red Gallega de Teatros y Auditorios, promovida por el Instituto Gallego de Artes Escénicas y Musicales, según ha anunciado el gerente del Igaem, Miguel Martín.

Martín explicó que esta oferta es «el paso previo» a un nuevo modelo organizativo, que estará en marcha «a comienzos del 2007», una vez concluya la reforma del sistema en el que están trabajando el propio Igaem, ayuntamientos y asociaciones artísticas.

Este nuevo modelo tiene como objetivo potenciar el mercado gallego de las artes escénicas, captar nuevos públicos, promover la formación en gestión cultural e incrementar el volumen de contratación, destacó Martín. Con estos cambios, el Igaem busca conseguir «un circuito más dinámico», y consolidar «una alternativa de ocio», ya que, según Martín, «unos 50.000 espectadores» participarán en estos espectáculos, entre un público potencial de 1,9 millones de habitantes.

Desde el mes de julio y hasta finales del año, la Red acerca a 45 municipios un total de 332 espectáculos, de los cuales 88 son de danza, jazz y música clásica y se desarrollarán entre los meses de septiembre y diciembre.

El programa de danza, que se inicia en Vilagarcía de Arousa, cuenta con un presupuesto de cerca de 164.000 euros e incluirá 34 espectáculos a cargo de 14 agrupaciones, ocho de ellas gallegas.

La programación de jazz comienza el 30 de septiembre en la localidad pontevedresa de Gondomar, e incluye hasta finales de año un total de 29 conciertos a cargo de 17 grupos e intérpretes gallegos que actuarán en nueve municipios.

Los conciertos de música clásica disponen de un presupuesto de más de 46.000 euros y se celebran a partir del 11 de octubre en ocho localidades en las que actúan 20 formaciones gallegas.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del Igaem:

A Rede Galega de Teatros e Auditorios estrea a os programas Rededanza, Redesons Jazz e Redesons Clásica como paso previo á posta en marcha dun novo modelo organizativo baseado no desenvolvemento de programacións específicas de teatro, música, danza, maxia e monicreques. O circuíto de exhibición de espectáculos promovido polo IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas
e Musicais) inicia en xaneiro de 2007 unha nova etapa, trala conclusión do proceso de reforma no que están a participar os diferentes sectores implicados (asociacións
escénicas, programadores culturais e IGAEM).

Segundo explicou en rolda de prensa o xerente do IGAEM, Miguel Martín, a
Rede entra agora na recta final dunha reformulación a través da que busca consolidarse como un circuíto de espazos de exhibición, no marco do que se desenvolverán programacións concretas dedicadas aos distintos xéneros escénicos e musicais, cada unha delas con requirimentos e orzamentos diferenciados. Esta atención especializada pretende que a danza, a música, os monicreques e a maxia conten cun espazo crecente nunha oferta de espectáculos que até o de agora se centraba basicamente no teatro de actor.

Neste sentido configuráronse os novos programas de danza contemporánea, jazz e
música de cámara que, neste segundo semestre do ano, complementan o cartel xeral da Rede Galega de Teatros e Auditorios, integrada na actualidade por diferentes escenarios de 45 concellos e entidades. Así, de xullo a decembro exhibiranse un total de 332 funcións, das que 34 corresponden a Rededanza, 29 a Redesons Jazz e 25 a Redesons Clásica. A incorporación destas tres novas programacións supón un volume de contratación de 263.340,62 € (148.047.31 € a cargo do IGAEM e 115.297,31 €, dos concellos participantes), que vén a sumarse ao investimento total de 609.587,42 € destinado á programación xeral durante este mesmo período.

O espectáculo N8 OHX da compañía Pisando Ovos inaugura ás 21.00 horas no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa, a programación de Rededanza, que terá lugar en 9 escenarios –Auditorio Municipal de Cangas, Teatro Rosalía de Castro da Coruña, Pazo da Cultura de Carballo, Auditorio Municipal e Teatro Principal de Ourense, Auditorio Municipal Cine Alovi das Pontes, Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo e Auditorio Carmen Estévez de Vilalba, ademais do Auditorio Municipal de Vilagarcía– coa participación de 14 compañías, 8 galegas (B Studio, Ballet Jesús Quiroga, Disque Danza, Druída Danza, Experimenta Danza, Inquedanza, Nova Galega de Danza, Pisando Ovos) e 6 de fóra de Galicia (10&10 Danza, Arrieritos, Date Danza, Larrumbe Danza, Patas Arriba, Pepe Hevia).

Canto á música, Redesons Jazz da comezo o día 30 en Gondomar cun
concerto do Jazz Vides Cuarter. Un total de 17 grupos e intérpretes galegos conforman este cartel, que se desenvolverá en 9 concellos (Arteixo, Foz, Gondomar, Ribadeo, Sada, San Sadurniño, Vilagarcía, Viveiro e Xove). Pola súa banda, Redesons Clásica celebrarase a partir do 11 de outubro en 8 localidades (O Barco, Carballo, Foz, Sada, San Sadurniño, Vilagarcía, Viveiro e Xove), onde actuarán un total de 20 formacións, todas elas galegas.

A Rede Galega de Teatros e Auditorios, que celebrou a súa primeira programación hai agora dez anos en sete localidades, encamíñase cara a un novo modelo de
funcionamento e xestión que suporá un fondo cambio tanto na súa concepción como nos seus obxectivos. Así, a nova Rede buscará potenciar o mercado galego das artes escénicas, apoiando a súa presenza e visibilidade social, traballando na captación de públicos, promovendo a formación na xestión cultural aplicada ás programacións e incrementando o volume total de contratación. A creación dunha páxina web propia, a posta en marcha de billeteiras electrónicas, a xestión a través dunha intranet e a realización de estudos periódicos serán algunhas das actuacións que se desenvolverán neste sentido.

Trátase, así mesmo, de lograr un circuíto máis dinámico, aberto aos diferentes xéneros artísticos a través de programacións especializadas, que se converta en referente para a distribución e exhibición das artes escénicas e musicais galegas. Con este fin, a Comisión Técnica de Reforma traballa na concreción das normas de funcionamento que se aplicarán na Rede a partir de xaneiro e que será presentada nos vindeiros meses ao conxunto dos axentes das artes escénicas e musicais de Galiza cara á súa aprobación definitiva.

O documento final unificará os requirimentos esixibles tanto ás compañías como aos espazos de exhibición que participen nas diferentes programacións, así como os mecanismo xerais de funcionamento canto á asunción dos cachés, prezos de localidades, sistema de programación e contratación, entre outros aspectos.

R., 2006-09-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES