
Se conmemora el 20 aniversario de la publicación A economía galega. Informe anual que edita Caixa Galicia y que en esta edición apuesta por mejorar la productividad, ganar en competitividad y convertir a Galicia en un país atractivo para ganar mercados y atraer subvenciones.
A la presentación de esta publicación, además del director general de Caixa Galicia, asistió el presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, que destacó la necesidad de impulsar la innovación y la formación con el fin de realizar la transición del cemento al conocimiento. El presidente gallego recordó que se trabaja desde el Ejecutivo en fomentar un ejercicio riguroso de las cuentas públicas, eficaz en la gestión presupuestaria y con transparencia.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, avogou por levar a cabo un cambio de mentalidade en Galicia e por pasar a ser un país que aposte por medrar en innovación e en formación. Trátase, en palabras de Pérez Touriño, de realizar a transición do cemento ao coñecemento, e de pór en valor, no centro das preocupacións e dos eixes de actuación pública, colectiva e privada, novos retos, novos métodos e novos obxectivos estratéxicos de país. O obxectivo é gañar en produtividade, en competitividade, e converter a Galicia nun país atractivo, capaz de internacionalizar máis e mellor nos mercados e capaz de seducir e atraer investimentos, o que, a xuízo do mandatario galego pasa por converternos nunha marca de referencia, de excelencia, de calidade e de diferenciación de produto.
Durante a presentación da publicación A economía galega. Informe 2005, que cumpre xa 20 anos, o máximo mandatario autonómico salientou que para conseguir estes obxectivos é preciso que Galicia complete ciclos e se especialice, co fin de poder ofrecer todas esas capacidades que pasan por colocar no centro os piares que poden facer mover esa produtividade: a educación, a innovación e a formación como elementos claves e determinantes.
Na súa intervención, o presidente da Xunta tamén considerou esencial o traballo levado a cabo por cantos colaboran en proxectos e publicacións como o informe económico presentado en Santiago, decisivo, a xuízo do mandatario galego, para establecer canles de análise, de reflexión e de diálogo, e para que as orientacións das políticas económicas e financeiras poidan ser feitas como estamos comprometidos a facelas: desde o saneamento, desde a transparencia e desde o rigor.
Pérez Touriño lembrou, nesta liña, que o Goberno da Xunta está a traballar nesta dirección, posto que xa nos primeiros meses a acción do Goberno se centrou no exercicio rigoroso das contas públicas, nun exercicio eficaz da xestión orzamentaria, na súa execución, na súa transparencia e no seu saneamento así como na apreciación da Comunidade nos mercados internacionais. Esa é a liña de traballo na que temos que estar, considerou o titular do Goberno autonómico, unha liña na que considerou de singular interese informes como o presentado hoxe.
Por último, o presidente da Xunta agradeceu o traballo de cantos teñen colaborado nos informes anuais de A Economía Galega, animándoos a todos a continuar cun traballo que, sen dúbida, servirá de orientador para responder aos desafíos e retos cos que se debe enfrontar Galicia nos vindeiros anos. Pérez Touriño salientou, ademais, o rigor da publicación A Economía Galega. Informe Anual, que permite dar unha perfecta radiografía dos cambios e mutacións máis significativos que experimentou o país nos últimos anos.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.