Noticias

Conextec, empresa dedicada al diseño de cableado para la automoción, se instala en el Parque Tecnológico de Galicia

Su ubicación en Tecnópole supondrá la creación de 40 puestos de trabajo.

La empresa Conextec, dedicada al diseño de cableado a la medida para el sector de la automoción, se instala en el Parque Tecnológico de Galicia y creará 40 puestos de trabajo. Así se puso de manifiesto durante la reunión del Consejo de Administración del PTG presidida por el conselleiro de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia, celebrada en la Tecnópole y en el que también se informó de los proyectos presentados al MEC.

La empresa Conextec solicitó una parcela de 2.000 metros cuadrados en la Tecnópole para construir el edificio que albergará sus actividades tecnológicas y para lo que se prevé crear 40 puestos de trabajo en un plazo de 18 meses desde su incorporación al PTG.

El Consejo de Administración del Parque también aprobó la concesión de dos solicitudes para la creación de nidos de empresas por parte de Conexiona Telecom, que solicitó 40 metros cuadrados para iniciar trabajos de desarrollo de software en el contorno de las comunicaciones y la telefonía IP, y Quobis Networks que demanda 25 metros cuadrados para desarrollar un proyecto en el contorno de las telecomunicaciones sin hilos.

En este Consejo también se trataron otros asuntos como el convenio con el Inega para la difusión del uso de las energías alternativas, la ampliación del parque en la comarca de Val da Rábeda o la instalación de climatización, fibra óptica y cobertura wifi en las instalaciones del parque. Aspectos todos ellos sobre los que informa en nota de prensa la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia:

Outro dos puntos do día que figuraba na reunión do Consello de Administración da Tecnópole foi o convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e a Sociedade Xestora do PTG co obxectivo de fomentar a difusión do uso das enerxías alternativas e dos sistemas de aforro enerxético. O convenio, que se asinará nas próximas datas, terá por obxecto definir o marco de colaboración entre ambos os dous organismos e que se concretará nunha serie de medidas e actuacións. Entre elas, figura a elaboración dun plan de aforro e eficiencia enerxética nos edificios e instalacións do Parque, a realización de estudos relativos á aplicación das enerxías renovables para os efectos de que se utilicen no parque como centro de demostración deste tipo de proxectos, a realización de actividades de formación, e a utilización gratuita polo INEGA das instalacións do Parque para a realización de actividades de interese común.

Así mesmo, no Consello de Administración deuse conta dos proxectos presentados pola Tecnópole ao Ministerio de Educación e Ciencia, con motivo da Orde de Axudas do Plan Nacional de I+D+i. A relación destes proxectos, que prevén un orzamento global de máis de seis millóns de euros para a súa execución, é a seguinte: Edificio Tecnópole I, desenvolvemento de palas máis eficientes nos aeroxeradores eólicos (en colaboración coa empresa Laddes Works), o centro de experimentación coas enerxías renovables e o centro de servizos medioambientais.

A ampliación do Parque Tecnolóxico de Galicia foi outro dos temas tratados no Consello de Administración da Tecnópole. Trátase dunha ampliación que se executará a través do desenvolvemento de tres plans parciais e que abranguerá unha superficie total de 43 hectáreas, cun investimento estimado, incluíndo custos de urbanización, traballos técnicos e expropiacións, de 14 millóns de euros. Esta actuación harmoniza co planeamento urbanístico para toda a comarca do Val da Rábeda, que está a deseñar a Consellería de Vivenda e Solo. Recentemente, esta Consellería adxudicou os traballos relativos ao Plan Director do Val da Rábeda, un plan no que tamén é preciso encardinar ao actual PTG, de tal xeito que ambas as dúas actuacións, a existente –Parque Tecnolóxico de Galicia-, e a nova –Parque Empresarial da Rabeda-, se complementen. Na reunión do Consello púxose de manifesto que, para actualizar e dimensionar axeitadamente a Tecnópole, é necesario contar nas inmediacións con solo industrial e tecnolóxico suficientemente dimensionado. Suliñouse tamén que o Parque que se vai executar na Rábeda terá maior sentido na medida en que o PTG teña capacidade para acoller ás empresas tecnolóxicas que se asenten neste espazo.

Así mesmo, e seguindo o mandato do último Consello de Administración, púxose en marcha a ampliación do solo urbano industrial-tecnolóxico correspondente á primeira fase, que alcanza algo máis dos 120 mil metros cadrados, e que forma parte dos máis de 450 mil metros cadrados que figuran no Plan Xeral de Ordenación Municipal de San Cibrao das Viñas.

Os membros do Consello de Administración do Parque Tecnolóxico de Galicia analizaron tamén, na súa xuntanza de hoxe, as obras e proxectos de mellora de acondicionamento das instalacións da Tecnópole. Polo que respecta ao sistema de climatización do Edificio CEI, está previsto que as obras de instalación do mesmo comencen en breve, cun orzamento aproximado de 700 mil euros. O proxecto de implantación da rede de fibra óptica, pola súa parte, estará rematado no mes de setembro, e a instalación do sistema de rede sen fíos no contorno do Parque e no interior do edificio CEI comenzou neste mes de xuño. A cobertura Wifi do PTG permitirá, entre outras cousas, mellorar os niveis de comunicación entre as empresas e o seu persoal, ao tempo que permitirá o uso da telefonía IP fóra das instalacións das empresas.

R., 2006-06-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (estacions-ano-cdc.jpg) A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, símbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Foto de la tercera plana (infancia_2.jpg) Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao período lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantís.

Notas

Ducias de persoas participaron nas actividades do Vendaval, Mostra de Cinema Portugués na Ribeira Sacra, que entre o 25 e o 30 de agosto levou proxeccións, concertos, conversas e encontros con cineastas a diferentes espazos da comarca. Unha proposta cultural diferente, de balde e vinculada ao territorio que volverá durante o outono e a primavera con dous novos pases e novas propostas cinematográficas.
A USC vén de reafirmar a súa aposta en prol da administración dixital e de que parte dos seus servizos poidan ser prestados de xeito eficaz por medios telemáticos, coa renovación (2026-2028) do Certificado de conformidade co Esquema Nacional de Seguridade no seu nivel medio. Isto é froito do traballo conxunto da Secretaría Xeral, a unidade de Seguridade da Información que coordinou o proceso, a Área TIC, e o Comité de Seguridade da Información.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES