Noticias

Avelino Pousa Antelo, Olga Gallego y Ángel Carracedo, distinguidos con la Medalla Castelao 2006

La Xunta hace pública esta decisión tras la celebración del Consello.

El presidente de la Fundación Castelao, Avelino Pousa Antelo; el médico Ángel Carracedo y la archivera y miembro de la Real Academia Galega Olga Gallego Domínguez, han sido distinguidos por la Xunta de Galicia con la Medalla Castelao 2006.

Esta decisión ha sido hecha pública tras la celebración del Consello de la Xunta.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Goberno galego aprobou o decreto polo que se concede a Medalla Castelao 2006, coa cal a Administración autonómica distingue aqueles galegos e galegas autores dunha obra merecente do recoñecemento do seu pobo no eido artístico, literario ou de calquera outra faceta da actividade humana. Deste xeito, o decreto aprobado acorda distinguir o médico Ángel Carracedo, a arquiveira e membro da Real Academia Galega, Olga Gallego Domínguez, e o presidente da Fundación Castelao Avelino Pousa Antelo, coa Medalla Castelao 2006.

Nacido en 1955 en Santa Comba, Ángel Carracedo Álvarez licenciouse en Medicina
no ano 1978, obtendo o premio extraordinario de licenciatura e acadando o
doutoramento no ano 1982. Ángel Carracedo completou a súa formación en Suecia,
Estados Unidos e noutros países de América, Asia e Europa. Na actualidade é
catedrático de medicina legal na Facultade de Medicina de Santiago. Foi director do
Instituto de Medicina Legal de Santiago de Compostela, do Servizo de Xenética
Forense e, desde 1999, da Unidade de Medicina Molecular da Fundación Ingo. A Xunta decidiu distinguir a Ángel Carracedo Álvarez coa Medalla Castelao para
recoñecer a súa valiosa contribución ao estudo da xenética, eido no que é recoñecido internacionalmente.

Olga Gallego Domínguez é licenciada en filosofía e letras, na sección de historia, e
pertence ao corpo facultativo de arquiveiros, bibliotecarios e arqueólogos. Ao longo
da súa vida desempeñou diferentes cargos como directora do arquivo da Delegación
de Facenda e da Biblioteca Pública de Vigo, directora do Arquivo Histórico Provincial
de Ourense, presidenta do grupo de colaboradores Marcelo Macías do Museo
Arqueolóxico de Ourense e académica de número da Real Academia desde 1985.
Publicou diferentes obras e estudos, entre os que destacan Guía de fuentes
documentales sobre montes de la provincia de Ourense; Archivo histórico provincial
de Ourense. Catálogo de textos y disposiciones legales impresas; ou El archivo del
monasterio de Celanova, entre outras. A Medalla Castelao 2006 a Olga Gallego Domínguez recoñece o seu labor a favor da cultura galega e a súa contribución no sector documental de Galicia.

NoticiaO outro galardoado, Avelino Pousa Antelo, naceu en San Xoán de Barcala (A Baña-A Coruña), en 1914. Cursou seis anos na Universidade Pontificia Compostelá,
maxisterio en Santiago, dous cursos de comercio en Lugo e xerente de cooperativas
en Zaragoza. Afiliado ás Mocedades Galeguistas, tomou parte na propaganda do
Consello da XuntaConsello da XuntaConsello da XuntaConsello da Xunta
Estatuto de autonomía de 1936. Foi, ademais, agrarista e cooperativista, director da
Escola Agrícola da Granxa Barreiros de Sarria e técnico de laboratorio do Cabildo
Insular de Tenerife. Autor de numerosos artigos e libros, na actualidade é presidente da Fundación Castelao. O recoñecemento a Avelino Pousa Antelo, realizado pola Xunta de Galicia coa concesión da Medalla Castelao, polo seu traballo a prol do desenvolvemento do agro en Galicia e a súa defensa e promoción dos valores galeguistas.

A Medalla Castelao foi creada en 1984 para conmemorar o retorno a Galicia dos
restos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao o 28 de xuño dese ano. O decreto de
creación deste galardón sinala que a perfección, o simbolismo ou a transcendencia
das obras e do labor dos premiados con este recoñecemento debe ser o froito da
entrega dunha vida, e o reflexo dun traballo conscientemente realizado con entrega e con fe na cultura, na historia e no ser dun pobo.


R., 2006-06-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (interseccion-2026.jpg) Foi presentada a novena edición de Intersección, Festival Internacional de Cine da Coruña, celebrada nos Cantones Cines. O festival desenvolverase do 13 ao 17 de outubro cunha programación que combina proxeccións, exposicións, formación e encontros profesionais arredor das novas linguaxes cinematográficas. Así, as seccións competitivas Galicia, Internacional e Fulgor achegarán ao público obras afastadas dos circuítos comerciais habituais e novas voces da creación audiovisual contemporánea. En concreto, a sección Internacional reúne 27 filmes procedentes de 22 países, entre os que figuran catro estreas mundiais, 17 en España e cinco en Galicia. As propostas exploran cuestións como a tecnoloxía, a memoria, o territorio e a identidade desde linguaxes e xeografías diversas.
Foto de la tercera plana (20261008-ragc.jpg) A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou en Santiago, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o acto do Día da Ciencia en Galicia, no que se homenaxeou á oceanógrafa Aida Fernández Ríos (Vigo, 1947 - Moaña, 2015) como Científica Galega 2026. Ademais, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco científicas e científicos da nosa comunidade. O presidente da Academia destacou que 'Aida Fernández Ríos foi unha investigadora capaz de identificar problemas relevantes e de situalos nun contexto internacional, converténdose nunha científica respectada moito máis alá de Galicia.

Notas

O CiMUS da USC coordina un proxecto europeo para desenvolver unha nova xeración de radioterapia contra os tumores cerebrais. Trátase de InnovaRTBRAIN, unha iniciativa que busca transformar os procedementos actuais para o tratamento de tumores cerebrais, especialmente gliomas, e deseñar novos enfoques de radioterapia máis precisos, efectivos e seguros. Está coordinado desde este Centro Singular polo equipo Novas estratexias en Radioterapia dirixido por Yolanda Prezado.
Pezas que, nun espazo concreto, transforman e reinterpretan obras previas, que á súa vez naceron como rexistros de accións artísticas. Creacións artísticas que xorden como “eco ou resposta” de obras previas de Cora Novoa, Elena Rocamora, Álvaro Porras e María Sánchez, reúnense na exposición Contar cos dedos, que ata o 2 de novembro pode visitarse na Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES