Noticias

As fotografías do Certame Internacional de Fotografía da Muralla de Lugo, en Galicia Digital

A plataforma en internet www.galiciadigital.com presenta as fotografías premiadas no I Certame Internacional de fotografía da Muralla romana de Lugo, convocado pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

As fotografías do Certame Internacional de Fotografía da Muralla de Lugo pódense ver na plataforma en internet www.galiciadigital.com que presenta as instantáneas premiadas neste primeiro certame convocado pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

Ó certame, dotado con 45.000 € de premio, presentáronse un total de 185 coleccións, entre as que foron seleccionadas as nove coleccións premiadas, correspondendo o primeiro premio a RUBEN VILANOVA ROMERO e XOEL GOMEZ LOSADA, de Ourense; o segundo a JOSÉ MARÍA MELLADO, de Madrid; o terceiro, a JOSÉ VAZQUEZ CARUNCHO, de A Coruña, e seis accésits ás coleccións de XULIO VILLARINO, de Porto de Bares-Mañón(A Coruña), JOSÉ GAGO PESQUEIRA, de Marín(Pontevedra), DAMIÁN VARELA PASTRANA de Lugo; JULIÁN MENÉNDEZ FERNÁNDEZ, de Avilés(Asturias); GUSTAVO CABO LÓPEZ, de Lugo, e JUAN M. ADRIO FONDEVILA, de Vilagarcía de Arousa Pontevedra).

As fotografías preséntanse a xeito de exposición colectiva, dentro do apartado de Galerías de artista do portal CULTURA GALEGA, como “GALERÍA MURALLA DE LUGO”, http://www.galiciadigital.com/muralladelugo/

, 2006-06-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (interseccion-2026.jpg) Foi presentada a novena edición de Intersección, Festival Internacional de Cine da Coruña, celebrada nos Cantones Cines. O festival desenvolverase do 13 ao 17 de outubro cunha programación que combina proxeccións, exposicións, formación e encontros profesionais arredor das novas linguaxes cinematográficas. Así, as seccións competitivas Galicia, Internacional e Fulgor achegarán ao público obras afastadas dos circuítos comerciais habituais e novas voces da creación audiovisual contemporánea. En concreto, a sección Internacional reúne 27 filmes procedentes de 22 países, entre os que figuran catro estreas mundiais, 17 en España e cinco en Galicia. As propostas exploran cuestións como a tecnoloxía, a memoria, o territorio e a identidade desde linguaxes e xeografías diversas.
Foto de la tercera plana (20261008-ragc.jpg) A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou en Santiago, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o acto do Día da Ciencia en Galicia, no que se homenaxeou á oceanógrafa Aida Fernández Ríos (Vigo, 1947 - Moaña, 2015) como Científica Galega 2026. Ademais, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco científicas e científicos da nosa comunidade. O presidente da Academia destacou que 'Aida Fernández Ríos foi unha investigadora capaz de identificar problemas relevantes e de situalos nun contexto internacional, converténdose nunha científica respectada moito máis alá de Galicia.

Notas

O CiMUS da USC coordina un proxecto europeo para desenvolver unha nova xeración de radioterapia contra os tumores cerebrais. Trátase de InnovaRTBRAIN, unha iniciativa que busca transformar os procedementos actuais para o tratamento de tumores cerebrais, especialmente gliomas, e deseñar novos enfoques de radioterapia máis precisos, efectivos e seguros. Está coordinado desde este Centro Singular polo equipo Novas estratexias en Radioterapia dirixido por Yolanda Prezado.
Pezas que, nun espazo concreto, transforman e reinterpretan obras previas, que á súa vez naceron como rexistros de accións artísticas. Creacións artísticas que xorden como “eco ou resposta” de obras previas de Cora Novoa, Elena Rocamora, Álvaro Porras e María Sánchez, reúnense na exposición Contar cos dedos, que ata o 2 de novembro pode visitarse na Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES