Noticias

El periódico francés Le Monde Diplomatique obtiene el II Premio José Couso de Defensa de la Libertad de Prensa

El galardón es concedido anualmente por el Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia con motivo del Día Internacional de la Libertad de Expresión.

El periódico mensual francés Le Monde Diplomatique ha sido galardonado en la II edición del Premio José Couso de defensa de la libertad de prensa, según informan los organizadores. El premio en honor al periodista asesinado durante la invasión de las tropas estadounidenses en Irak, está convocado por el Club de Prensa de Ferrol, el Colegio Profesional de Periodistas de Galicia y la entidad Caixanova en colaboración con el Ayuntamiento ferrolano.

El secretario del Premio José Couso, Darío Janeiro, indicó que tras el recuento de votos del jurado realizado el pasado 27 de abril en Santiago de Compostela, Le Monde Diplomatique obtuvo una «mayoría suficiente» y «democrática». La candidatura de Le Monde Diplomatique se impuso en la votación a otras cuatro encabezadas por el Consejo Audiovisual de Cataluña, el corresponsal de guerra Robert Frisk, el iraní Akbar Canji o el fotoperiodista Javier Bauluz.

El decano del Colegio de Periodistas de Galicia, Xosé Manuel Vega, indicó que ya se habían puesto en contacto con la dirección de la publicación francesa y confirmó su asistencia a la entrega de premios que tendrá lugar en Ferrol el 26 de mayo. La delegación de Le Monde Diplomatique recibirá como premio, una réplica de la escultura Alas libres obra del artista portugués afincado en Ferrol Manuel Patinha.
Los organizadores del certamen felicitaron a todo el equipo de Le Monde Diplomatique por «su defensa de la libertad de prensa y su empeño en hacer un periodismo riguroso e independiente de las presiones políticas y económicas».

Le Monde Diplomatique se fundó en 1954 y en los últimos años, bajo la dirección del periodista gallego Ignacio Ramonet, se ha convertido en un medio de comunicación de referencia para los movimientos sociales «altermundistas» defensores de un concepto menos mercantilista y más humanista de la globalización. En la actualidad, el rotativo tiene una tirada mensual de 1'5 millones de ejemplares, de los cuales 300.000 son en francés, y el resto, en otras dieciocho lenguas.

El Premio José Couso a la Libertad de Prensa no tiene dotación económica y nació como reconocimiento hacia todos los profesionales que a diario entregan su vida a la búsqueda de la verdad y en memoria del camarógrafo de televisión ferrolano asesinado en Bagdad en abril del 2003. En la primera edición, el Premio fue atribuido al periodista alauí Alí Lmrabet, perseguido por sus críticas a la violación de los derechos humanos en Marruecos.

Comunicado de prensa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

O xornal Le Monde Diplomatique foi proclamado como gañador do II Premio José Couso de Liberdade de Prensa, que organizan o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), o Club de Prensa de Ferrol e Caixanova. A organización, que presentou esta mañá en rolda de prensa o nome do gañador, púxose en contacto co xornal, que amosou a súa satisfacción por recibir o premio, que lle será entregado nunha cea a finais do mes de maio.

NoticiaO presidente do Club de Prensa de Ferrol, Xan Morales Somoza, quixo lembrar na súa intervención ó xornalista que dá nome ó premio, José Couso, e as circunstancias do seu falecemento. A modo de presentación, expresou tamén a súa satisfacción porque "Ferrol se converteu outra vez na capital do xornalismo" con motivo da celebración na cidade dos actos de conmemoración do Día da Liberdade de Prensa.

Morales deu paso ó secretario do premio, Darío Janeiro Pereira, que deu lectura á acta notarial, asinada polo notario D. Héctor Pardo García, do Ilustre Colexio de Notarios de Galicia, resultado do reconto dos votos dos colexiados do CPXG e dos socios do Club de Prensa de Ferrol, que escolleron a Le Monde Diplomatique vencedor desta edición do premio.

Darío Janeiro salientou que "o premio José Couso de Liberdade de Prensa, do que hoxe facemos público o segundo gañador, constitúe unha chamada de atención, un recordo constante na defensa de un dos dereitos fundamentais dos xornalistas e, sobre todo, dos cidadáns; un dereito que habitualmente é vulnerado polas autoridades e que, por desgracia, cústalle a vida ou a liberdade a centos de xornalistas habitualmente".

Engadiu que "as entidades organizadoras queren felicitar a todo o equipo do xornal galardoado pola súa defensa da liberdade de prensa e polo seu empeño en facer un xornalismo rigoroso e independente das presións políticas e económicas. Un medio de comunicación de referencia no movemento alter-mundialista", que na actualidade está dirixido polo xornalista galego Ignacio Ramonet.

Para Janeiro "os xornalistas galegos séntense identificados coa familia de José Couso. Dende aquí queremos darlles novos pulos para q sigan na súa loita por esclarecer os feitos e poñer ós culpables diante dos tribunais de xustiza."

A continuación, o decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Vega, quixo felicitar ós colexiados do CPXG e ós membros do Club de Prensa de Ferrol porque acertaron co candidato elixido. Ó seu xuízo, Le Monde Diplomatique simboliza a función de un medio como contrapoder, ó servizo do dereito dos cidadáns á información. "Se Alí Lmrabet representaba a personificación dos principios que todo xornalista debe ter para o exercicio ético da súa profesión, eses principios tamén os representa un medio como Le Monde Diplomatique" afirmou Vega.

Aproveitando o fallo do premio, Vega quixo engadir que "como decano do Colexio de Xornalistas, fago en nome da Xunta de Goberno, unha reflexión sobre o estado da información e da comunicación en Galicia. Neste caso, tal como afirmara no Parlamento a semana pasada, reiteramos a necesidade de que se impulse e consolide un espazo galego da información e da comunicación que estea ao servizo dos cidadáns. Para que esa realidade sexa perceptible hai que seguir avanzando en determinados campos. Segue sendo unha asignatura pendente a desgobernamentalización dos medios públicos; e é necesario establecer regras de xogo claras e transparentes nas relacións entre os medios privados e o poder político, as subvencións teñen que outorgarse con criterios obxectivos e cunha finalidade social de utilidade pública. Tamén é necesario que o idioma galego sexa de uso habitual e normal nese espazo galego da información e da comunicación."

Por último o decano fixo referencia á necesidade de acabar coa situación de precariedade laboral dunha alta porcentaxe dos xornalistas galegos, porque un xornalista en precario está indefenso para opoñerse a calquera directriz contraria á lóxica da correcta información.

Ademais, estiveron presentes o Director de Relacións Institucionais de Caixanova na Coruña, Manuel Doldán Pita, e o Concelleiro de Cultura de Ferrol, José Manuel Couce Fraguela. Ambos reiteraron o apoio das entidades que representan ó Premio José Couso, e a vontade de que se celebren moitas máis edicións deste galardón.

Para rematar os actos de conmemoración do Día Mundial da Liberdade de Prensa, o CPXG e o Club de Prensa de Ferrol organizan esta tarde ás 20:00 horas na Galería Sargadelos de Ferrol unha conferencia de Jesús Maraña, director da revista Tiempo, sobre as 'Revistas semanais: o futuro despois de internet'.

R., 2006-05-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (20251223-xunta.jpeg) A conselleira do Medio Rural, acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, presidiu este mediodía a constitución do Observatorio do sector lácteo de Galicia, órgano colexiado de seguimento, asesoramento, consulta e análise deste eido produtivo. Esta reunión ten lugar trala entrada en vigor do decreto que actualizou a regulación deste órgano e que, entre outros obxectivos, persegue facer un seguimento continuado do sector e mellorar o seu funcionamento. O Observatorio vén funcionando dende a súa creación no ano 2007
Foto de la tercera plana (otero-pedrayo.jpg) En concreto, o programa do Calendario do Libro e da Lectura inaugurará as súas 35 efemérides para o longo de todo o ano o 11 de xaneiro, co Día do usuario/a da Biblioteca e terá como unha das súas datas significativas desde mes, o Día da Ilustración, que se celebra o 30 e está dedicado ao humorista gráfico Siro López. Complétanse as datas significativas coa celebración, o 1 de abril, do Día das artes galegas, que se centra neste 2026 nun dos nosos fotógrafos máis vangardistas e internacionais, o ourensán José Suárez. En todo caso, este festexo estenderase todo o ano cunha ampla oferta de accións, do mesmo xeito que sucederá co Día das letras galegas (17 de maio) que nas bibliotecas xirará ao redor da escritora Begoña Caamaño.

Notas

O LHCb, un dos detectores do gran colisor de hadróns (LHC) do CERN en Suíza, produce colisións de protóns a altísimas enerxías. Estas colisións xeran partículas inestables que conteñen quarks pesados, cuxa desintegración permite estudar fenómenos de física fundamental que axudan a explicar por que o universo está formado principalmente por materia e case non contén antimateria.
Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, e Abel Caballero, alcalde de Vigo, mantiveron este martes unha xuntanza na que se abordou a posta en marcha do Observatorio de Vivenda de Vigo tras a sinatura dun convenio de colaboración entre as dúas institucións con esta finalidade. O obxectivo desta nova ferramenta será realizar e ofrecer unha diagnose constante do mercado da vivenda, monitorizar a súa evolución e propoñer medidas de corrección coa previa avaliación de súa idoneidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES