Noticias

Presentada una aplicación informática que facilita la formación continua de las personas con discapacidad

La iniciativa, impulsada por Fademga, está adaptada a las capacidades del colectivo.

Fademga Feaps Galicia, la Federación de Asociaciones en Favor de las Personas con Discapacidad Intelectual de Galicia presentó una aplicación informática para facilitar la formación continua que fue financiada por la Xunta de Galicia y ofrece un curso de prevención de riesgos laborales adaptado a las capacidades de las personas que integran este colectivo.

Nota remitida por Fademga:

FADEMGA FEAPS GALICA (Federación de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia) presentou na súa sede o proxecto “Formación asistida por ordenador para persoas con discapacidade intelectual” financiado pola Consellería de Traballo e que consiste no deseño dunha aplicación informática que facilita o acceso das persoas con discapacidade intelectual á formación continua. A aplicación ofrece a adaptación dun curso de prevención de riscos laborais ás capacidades cognitivas do colectivo co obxectivo de evidenciar a necesidade de ferramentas deste eido.

A Xornada iniciouse coa recepción dos 70 participantes inscritos e coa presentación do proxecto da man do Vicepresidente de FADEMGA, Elías Palacio; e do xefe do Servizo de Formación Ocupacional da Consellería de Traballo, Joaquin Vila; quen salientou a importancia deste proxecto e asegurou que dende a Xunta de Galicia “sentímonos orgullosos desta entidade”. Vila animou a FADEMGA a seguir nesta liña e a propoñer novos proxectos e anunciou tamén que presentará esta aplicación informática próximamente en Madrid como representante galego do Grupo Estatal de Accións Complementarias e de Acompañamento á Formación. A aplicación informática tamén se colgará na web da Xunta de Galicia, segundo Vila.

A xornada continuou coa presentación por parte de representantes das empresas impricadas no proxecto das características da aplicación informática, dos pasos a seguir polos usuarios á hora de realizar este curso; e do diagnóstico da situación actual do colectivo no ámbito laboral tanto en Centros Especiais de Emprego como en empresas ordinarias. Neste diagnóstico tamén se identificaron as necesidades formativos do colectivo de traballadores e analizouse a formación recibida.

NoticiaA exposición dos resultados obtidos na proba piloto contou coa presenza de dúas das traballadoras con discapacidade intelectual impricadas na mesma, Ana Isabel Núñez e Elena Loureiro, traballadoras dun centro de ocio de Ourense vinculado ás novas tecnoloxías. Ana Isabel asegurou que a súa experiencia ao probar a aplicación informática “fue positiva, porque me resultó muy fácil manejarme con el ordenador, para hacer el curso de riesgos laborales” e sinalou como ventaxas “la facilidad para el aprendizaje de los contenidos, es práctico para que nos formemos desde nuestra propia casa y mejora las posibilidades de inserción laboral del colectivo de las personas con discapacidad intelectual”. Elena pola súa parte comentou que “paréceme moi importante para calquera traballadora aprender a evitar os riscos no traballo” e explicou en qué consistiu a proba piloto “na que tiñamos que ir contestando preguntas e cada vez que acertábamos cambiaba de tema. En total foron 4 temas relacionados cos riscos laborais”. Elena asegurou que o curso “gustoume moito porque me divertín cos debuxos e xogos que aparecían” e engadiu que “sería bo que outros compañeiros nosos e persoas con discapacidade poidan tamén facer cursos a través de Internet”. Finalmente a Xornada rematou cunha mesa redonda na que se contestaron ás preguntas que tiñan os 70 asisitentes.


R., 2006-04-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (interseccion-2026.jpg) Foi presentada a novena edición de Intersección, Festival Internacional de Cine da Coruña, celebrada nos Cantones Cines. O festival desenvolverase do 13 ao 17 de outubro cunha programación que combina proxeccións, exposicións, formación e encontros profesionais arredor das novas linguaxes cinematográficas. Así, as seccións competitivas Galicia, Internacional e Fulgor achegarán ao público obras afastadas dos circuítos comerciais habituais e novas voces da creación audiovisual contemporánea. En concreto, a sección Internacional reúne 27 filmes procedentes de 22 países, entre os que figuran catro estreas mundiais, 17 en España e cinco en Galicia. As propostas exploran cuestións como a tecnoloxía, a memoria, o territorio e a identidade desde linguaxes e xeografías diversas.
Foto de la tercera plana (20261008-ragc.jpg) A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou en Santiago, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o acto do Día da Ciencia en Galicia, no que se homenaxeou á oceanógrafa Aida Fernández Ríos (Vigo, 1947 - Moaña, 2015) como Científica Galega 2026. Ademais, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco científicas e científicos da nosa comunidade. O presidente da Academia destacou que 'Aida Fernández Ríos foi unha investigadora capaz de identificar problemas relevantes e de situalos nun contexto internacional, converténdose nunha científica respectada moito máis alá de Galicia.

Notas

O CiMUS da USC coordina un proxecto europeo para desenvolver unha nova xeración de radioterapia contra os tumores cerebrais. Trátase de InnovaRTBRAIN, unha iniciativa que busca transformar os procedementos actuais para o tratamento de tumores cerebrais, especialmente gliomas, e deseñar novos enfoques de radioterapia máis precisos, efectivos e seguros. Está coordinado desde este Centro Singular polo equipo Novas estratexias en Radioterapia dirixido por Yolanda Prezado.
Pezas que, nun espazo concreto, transforman e reinterpretan obras previas, que á súa vez naceron como rexistros de accións artísticas. Creacións artísticas que xorden como “eco ou resposta” de obras previas de Cora Novoa, Elena Rocamora, Álvaro Porras e María Sánchez, reúnense na exposición Contar cos dedos, que ata o 2 de novembro pode visitarse na Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES