Noticias

Galicia rexistra o setembro con menos paro desde que hai rexistros, con 112.437 persoas, e o máximo de afiliacións para este mes, con 1.127.967 cotizantes

Galicia rexistrou o mínimo de paro para un setembro desde que hai rexistros, con 112.437 persoas, e tamén o mellor dato de cotizantes da serie para este mes, con 1.127.967. En relación co paro, na comparativa anual baixa, o que supón 648 persoas paradas menos que en setembro de 2025. A redución do paro anual esténdese a todos os sectores de actividade, liderada pola construción (-6,97%), seguido da industria (-4,48%), do primario (-2,63%) e dos servizos (-2,29%). En canto aos colectivos prioritarios, tanto as mulleres como as persoas paradas de longa duración acadan o menor nivel de desemprego para un mes de setembro de toda a serie histórica (desde maio de 2005).

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, valorou esta mañá os últimos datos de paro rexistrado e afiliacións á Seguridade Social destacando que Galicia rexistrou o mínimo de paro para un setembro desde que hai rexistros, con 112.437 persoas, e tamén o mellor dato de cotizantes da serie para este mes, con 1.127.967.

En relación co paro, na comparativa anual baixa, o que supón 648 persoas paradas menos que en setembro de 2025. A redución do paro anual esténdese a todos os sectores de actividade, liderada pola construción (-6,97%), seguido da industria (-4,48%), do primario (-2,63%) e dos servizos (-2,29%).

En canto aos colectivos prioritarios, tanto as mulleres como as persoas paradas de longa duración acadan o menor nivel de desemprego para un mes de setembro de toda a serie histórica (desde maio de 2005). No caso das mulleres, o paro redúcese en 612 persoas (-0,91 %) con respecto ao ano anterior. Entre as persoas paradas de longa duración, a baixada é de 813 persoas (-1,45 %).

Na comparativa mensual, o paro sobe un 2,50 % nun contexto no que inflúen a finalización de contratos do verán e tamén o proceso extraordinario de regularización, que continuará incorporando persoas ás estatísticas de paro nos vindeiros meses.

No relativo ás afiliacións, Zeltia Lado destacou que é a terceira mellor cifra rexistrada, por detrás dos datos de xullo e agosto. Galicia conta con 23.965 afiliacións máis que hai un ano (+2,17 %). A isto engadiu que en materia de contratación as cifras aumentan tanto na comparativa anual como na mensual.

Segundo salientou a directora xeral, estes datos deben analizarse desde unha perspectiva de medio e longo prazo e engadiu que o Goberno galego continúa desenvolvendo unha ampla batería de medidas a prol do emprego estable e de calidade e de dar resposta ás necesidades de talento e de cobertura de vacantes do tecido empresarial.

R., 2026-10-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES