Noticias

O Centro Dramático Galego prepara a coprodución internacional 'A Gaivota, ensaio aberto' cara á súa estrea o 1 de outubro

O Centro Dramático Galego porá en escena do un ao catro de outubro, no Salón Teatro de Santiago de Compostela, a coprodución 'A gaivota, ensaio aberto', tras realizar estes días na Cidade da Cultura unha estadía técnica e artística no marco do programa DescArtes das Residencias artísticas do Gaiás. A gaivota, ensaio aberto é unha coprodución entre o Centro Dramático Galego, a compañía galega Crémilo, a portuguesa Colectivo 84, Teatro San Martín de Buenos Aires, Teatro del Galpón de Montevideo e outras entidades internacionais. O proxecto foi creado nas Residencias ArtisTEA do Concello de Ponteareas e conta coa colaboración do Padroado da Cultura de Narón e do Ministerio de Cultura de Cabo Verde.

O Centro Dramático Galego porá en escena do un ao catro de outubro, no Salón Teatro de Santiago de Compostela, a coprodución 'A gaivota, ensaio aberto', tras realizar estes días na Cidade da Cultura unha estadía técnica e artística no marco do programa DescArtes das Residencias artísticas do Gaiás. Trátase dunha iniciativa na que participa todo o equipo do espectáculo, que conta coa colaboración de varias estruturas teatrais internacionais e dirección e dramaturxia compartidas entre o galego Santiago Cortegoso e o luso Neto Portela. Aos ensaios acudiron hoxe o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e a directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, que coñeceron así de primeira man o avance da que será unha das propostas inaugurais da nova temporada escénica 2026-2027 da compañía de teatro da Xunta de Galicia, e para a que xa se poden adquirir as localidades, á venda na web da plataforma Ataquilla.

A gaivota, ensaio aberto é unha coprodución entre o Centro Dramático Galego, a compañía galega Crémilo, a portuguesa Colectivo 84, Teatro San Martín de Buenos Aires (A Arxentina), Teatro del Galpón de Montevideo (O Uruguai) e outras entidades internacionais. O proxecto foi creado nas Residencias ArtisTEA do Concello de Ponteareas e conta coa colaboración do Padroado da Cultura de Narón e do Ministerio de Cultura de Cabo Verde.

A partir do clásico de Antón Chejov, Santiago Cortegoso e Neto Portela asinan unha proposta dramática arredor dunha situación metateatral límite: que ocorre cando na véspera da estrea de A gaivota, as actrices principais teñen que ser substituídas. Constrúese así un ensaio aberto que se transforma en espectáculo. Fragmentos da obra orixinal do autor ruso entrelázanse con experiencias persoais nunha interpretación que corre a cargo de Déborah Vukusic, Mercedes Castro e Uxía Suevos.

R., 2026-07-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (fito-2026.jpg) O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Foto de la tercera plana (20261002-xunta.jpg) Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.

Notas

Pasaban 22 minutos das 20.00 horas deste xoves 1 de outubro cando un vehículo de lanzamento Falcon 9 de SpaceX despegaba desde a base da Forza Espacial de Vanderberg (California) levando no seu interior o experimento CORTIS (Camara Observation & Radiation Test in Space), desenvolvido durante un ano polo alumnado da Universidade de Vigo que forma parte da asociación UVigo SpaceLab.
A Universidade da Coruña reuniu hoxe investigadoras e especialistas de referencia para reflexionar sobre os nesgos de xénero, sociais e discriminatorios presentes nos sistemas de intelixencia artificial (IA), así como sobre os retos éticos e tecnolóxicos que suscita o seu desenvolvemento e aplicación en ámbitos cada vez máis diversos da sociedade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES