Noticias

A Coral Hospital Xeral-Calde de Lugo ven participar nos 29 Encontros de Coros nas Terras da Feira (Portugal)

En Oporto compartiu cartel coa Chorus Auris, o Grupo Coral da Casa da Gaia, o Orfeâo da Feira e o Coro de Cámara de Madeira

A Coral do Hospital Xeral-Calde de Lugo viaxou a Oporto (Portugal) o 29 de 30 de outubro para participar nos 29º Encontros de Coros nas Terras da Feira.
O grupo lucense ofreceu dous concertos no marco deste programa que tiveron lugar na Igreja de Argoncilhe e no Auditorio San Vicente Louredo. Námbalas dúas actuacións, a Coral do Hospital Xeral-Calde de Lugo compartiu cartel con outros catro coros: Chorus Auris, o Grupo Coral Casa da Gaia, o Orfeâo da Feira e o Coro de Cámara de Madeira.

Nas súas actuacións, a Coral do Hospital Xeral-Calde interpretou un repertorio no que non faltaron pezas galegas, así como a tradicional canción portuguesa “Coimbra” na honra dos anfitrións. Ademáis desta peza, a coral lucense interpretou “Laudate nomen domini”, de Christopher Tye; “Kyrie” de la misa “O Quan Gloriosum”, de Tomás L. De Victoria; “En esta montaña”, de A. Barja; “Te quiero”, de Benedetti-A. Favero-arm. Liliana Cangiano; e as cancións galegas “Negra sombra”, poema de Rosalía de Castro musicado por Xoán Montes; “María Soliña”, de Celso Emilio Ferreiro e música de Paz Valverde; e “Terra meiga”, de Rey Rivero.

A Coral do Hospital Xeral-Calde de Lugo continúa co seu labor de espallamento da música coral galega emprendido en setembro de 1991 en que, auspiciada e apoiada pola Pastoral da Saúde, inicia a súa andadura co principal obxectivo de extender o poder da música sobre o espíritu humano.

R., 2005-11-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES