
Rueda tamén asegurou que a biotecnoloxía é un eido con moito futuro, apostando pola colaboración público-privada para avanzar cara unha Galicia 'máis forte, sostible e competitiva', convertendo á comunidade 'nunha biorrexión referente en toda Europa'.
Ademais de incrementar o número de traballadores e investigadores do sector, a Estratexia -dotada dun orzamento de 805 millóns de euros- ten a meta de ampliar ata 200 as entidades e empresas que operan en Galicia, incrementar un 30% a facturación anual, duplicar o investimento privado ou consolidar a internacionalización con novos mercados.
Para iso, a folla de ruta cara 2030 inclúe axudas directas para proxectos de I+D+i en biotecnoloxía, unha aceleradora de empresas ou o Biopolo da Sionlla, en Santiago, que actuará como polo de atracción para instalar novas infraestruturas e compañías vencelladas a este eido.
Rueda salientou que neste campo Galicia 'leva vantaxe' e que 'en pouco tempo situouse nunha posición punteira', contando cun sector sólido e maduro. Segundo lembrou o presidente, é un sector que en Galicia engloba 162 empresas -das que máis de 60 son 100% biotecnolóxicas-, 5.600 traballadores, unha facturación anual de 2.000 millóns de euros e que está a desenvolver proxectos punteiros para mellorar a seguridade agroalimentaria, avanzar na conservación do medio mariño ou dotar á industria farmacéutica e cosmética de produtos máis sostibles.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.