Noticias

Galicia liderou en novembro a caída porcentual do desemprego en España e suma máis de 19.500 afiliados á Seguridade Social respecto a hai un ano

Galicia rexistrou, con 111.572 persoas, a cifra de paro máis baixa nun mes de novembro desde que hai rexistros (1996) e suma 19.516 novas afiliacións á Seguridade Social en relación con novembro de 2024, acadando o mellor novembro con 1.100.638 cotizantes e manténdose por riba dos 1.100.000 desde xuño. En novembro rexistráronse 10.170 persoas desempregadas menos que no mesmo mes de 2024, o que se traduce nunha redución do -8,35 %, máis de dous puntos de diferenza en relación ao conxunto do Estado (-6,23 %) e situándose Galicia como a segunda comunidade na que máis baixa o paro en porcentaxe. O paro a nivel intermensual baixa (-1,60 %), tamén a un ritmo maior que a media estatal (-0,77%), sendo neste caso Galicia a comunidade autónoma de España na que máis cae o desemprego en porcentaxe.

Galicia rexistrou, con 111.572 persoas, a cifra de paro máis baixa nun mes de novembro desde que hai rexistros (1996) e suma 19.516 novas afiliacións á Seguridade Social en relación con novembro de 2024, acadando o mellor novembro con 1.100.638 cotizantes e manténdose por riba dos 1.100.000 desde xuño. Así o destacou hoxe o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, na valoración das cifras relativas ao pasado mes.

Pablo Fernández destacou que en novembro se rexistraron 10.170 persoas desempregadas menos que no mesmo mes de 2024, o que se traduce nunha redución do -8,35 %, máis de dous puntos de diferenza en relación ao conxunto do Estado (-6,23 %) e situándose Galicia como a segunda comunidade na que máis baixa o paro en porcentaxe. Engadiu que tamén baixa o paro a nivel intermensual (-1,60 %), tamén a un ritmo maior que a media estatal (-0,77%), sendo neste caso Galicia a comunidade autónoma de España na que máis cae o desemprego en porcentaxe.

En relación coa comparativa anual, o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais destacou que o paro baixa nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades, en todos os sectores de actividade, liderando a baixada o primario (-12,19%), seguido da industria (-11,46%), da construción (-10,98%) e, por último, dos servizos (-7,39%).

No relativo aos colectivos prioritarios, tanto no caso das mulleres como dos menores de 30 anos e dos parados de longa duración, rexístrase a cifra máis baixa de desemprego para un mes de novembro de toda a serie histórica (maio 2005). No caso das mulleres desempregadas a redución anual é de 5.597 persoas (-7,92%), no caso das persoas desempregadas menores de 30 anos, hai 498 menos (-3,57%) e 6.185 menos en relación cos parados de longa duración (-10,07%).

Neste sentido, o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais sinalou que estes resultados avalan as políticas activas de emprego da Xunta na procura dun mercado laboral activo, consolidado e que xere empregos de calidade.

R., 2025-12-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (interseccion-2026.jpg) Foi presentada a novena edición de Intersección, Festival Internacional de Cine da Coruña, celebrada nos Cantones Cines. O festival desenvolverase do 13 ao 17 de outubro cunha programación que combina proxeccións, exposicións, formación e encontros profesionais arredor das novas linguaxes cinematográficas. Así, as seccións competitivas Galicia, Internacional e Fulgor achegarán ao público obras afastadas dos circuítos comerciais habituais e novas voces da creación audiovisual contemporánea. En concreto, a sección Internacional reúne 27 filmes procedentes de 22 países, entre os que figuran catro estreas mundiais, 17 en España e cinco en Galicia. As propostas exploran cuestións como a tecnoloxía, a memoria, o territorio e a identidade desde linguaxes e xeografías diversas.
Foto de la tercera plana (20261008-ragc.jpg) A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou en Santiago, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o acto do Día da Ciencia en Galicia, no que se homenaxeou á oceanógrafa Aida Fernández Ríos (Vigo, 1947 - Moaña, 2015) como Científica Galega 2026. Ademais, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco científicas e científicos da nosa comunidade. O presidente da Academia destacou que 'Aida Fernández Ríos foi unha investigadora capaz de identificar problemas relevantes e de situalos nun contexto internacional, converténdose nunha científica respectada moito máis alá de Galicia.

Notas

O CiMUS da USC coordina un proxecto europeo para desenvolver unha nova xeración de radioterapia contra os tumores cerebrais. Trátase de InnovaRTBRAIN, unha iniciativa que busca transformar os procedementos actuais para o tratamento de tumores cerebrais, especialmente gliomas, e deseñar novos enfoques de radioterapia máis precisos, efectivos e seguros. Está coordinado desde este Centro Singular polo equipo Novas estratexias en Radioterapia dirixido por Yolanda Prezado.
Pezas que, nun espazo concreto, transforman e reinterpretan obras previas, que á súa vez naceron como rexistros de accións artísticas. Creacións artísticas que xorden como “eco ou resposta” de obras previas de Cora Novoa, Elena Rocamora, Álvaro Porras e María Sánchez, reúnense na exposición Contar cos dedos, que ata o 2 de novembro pode visitarse na Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES