
No que respecta ás reclamacións, máis do 21 % do total foron no campo das telecomunicacións, con 2.069, seguidas das relacionadas coa enerxía, que acadaron a cifra de 1.725 e supoñen preto do 18 %.
En canto aos expedientes sancionadores en materia de consumo nos primeiros seis meses do ano, o sector con maior número é a electricidade e a enerxía, con 118 expedientes abertos por valor de máis de 2,5 M, seguidos polo sector financeiro e as telecomunicacións.
O labor do IGCC
O Instituto Galego do Consumo e da Competencia encárgase de informar aos consumidores e de defender os seus dereitos e intereses. Este ano conmemóranse os 30 anos da súa creación e ademais coincide que neste segundo semestre Galicia ostenta a representación das comunidades autónomas españolas no grupo de traballo Protección e información dos consumidores do Consello de Competitividade da Unión Europea.
Durante este período, o persoal do Instituto Galego do Consumo e da Competencia asistirá ás reunións do citado grupo de traballo, compartindo a información co resto de comunidades autónomas e, cando proceda, coordinando a adopción de posicións comúns nos debates que así o requiran. Neste labor conta co apoio, tanto da Fundación Galicia Europa como da Representación Permanente de España ante a Unión Europea.
Esta función permitirá reforzar o liderado de Galicia en materia de consumo a través do labor que desenvolve o IGCC, destacando especialmente o traballo do Laboratorio de Consumo de Galicia. Este é o único laboratorio público oficial nesta materia acreditado por ENAC entidade que avala a competencia técnica na certificación e inspección, e sitúase como referencia estatal tanto no control como na comunicación de alertas sobre produtos inseguros.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.