
O presidente fixo balance da situación actual, na que Galicia rexistra doce incendios activos, todos eles na provincia de Ourense. Así mesmo, detallou os medios despregados na loita contra o lume:
Máis de 3.000 profesionais do Servizo de prevención e defensa de incendios forestais
Máis de 200 bombeiros de diferentes parques
343 profesionais de brigadas municipais de extinción
380 motobombas
36 buldózers
10 patrullas de vixilancia
32 medios aéreos
UME e efectivos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado
Axilidade e celeridade nas axudas
Outro dos asuntos tratados na reunión foi a posta en marcha de axudas específicas para as persoas afectadas polos incendios. Rueda informou de que mañá se celebrará unha reunión técnica na Xunta de Galicia co obxectivo de que as ordes de axudas poidan ser aprobadas no primeiro Consello. O máis importante é que esas axudas sexan doadas e rápidas de xestionar para os damnificados, explicou.
Nese sentido, solicitoulle tamén ao presidente do Goberno esa mesma celeridade para que as axudas estatais cheguen canto antes ás familias e sectores afectados.
Finalmente, Rueda volveu insistir na importancia de contar de inmediato co material e persoal solicitado, incluída a presenza do Exército. Esperamos unha axuda que ten que chegar de forma urxente, para esta mesma tarde se é posible, concluíu.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.