
O presidente autonómico tamén resaltou 'o civismo da poboación que se ve afectada', e fixo un chamamento á prudencia e á responsabilidade, lembrando que 'nos próximos días e durante a fin de semana vanse manter sobre todo na provincia de Ourense temperaturas aínda moi altas', polo que 'a situación vai seguir sendo moi complicada'.
'Isto é unha tarefa de todos', salientou o responsable do Executivo autonómico, que agarda que esta situación 'que se está producindo tamén en moitas comunidades autónomas pase canto antes ou polo menos baixe a súa intensidade'. Rueda lembrou que moitos dos incendios son provocados e advertiu de que 'seremos implacables' coas persoas que os prenden 'con todos os medios que temos' e que serán 'postos á disposición da Xustiza'.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.