
Danza no Camiño naceu en 2019 para prolongar o programa de actividades do Certamen Internacional de Coreografía Burgos & New York. Neste 2025, despois de pasar por localidades de Huesca, A Rioxa, Burgos, Palencia e León, recalará o día 16 na rúa Maior de Sarria ás 23,00 horas ; o día 17 de xullo pasará pola praza da Igrexa de Portomarín ás 20,00 horas, e o último destino será a praza de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela, o venres 18 ás 20,00 horas, unha das actuacións máis simbólicas deste circuíto que aínda desenvolverá outras dúas citas de despedida, en Bilbao, o día 20, e en Burgos, o día 21, despois de ter visitado 19 municipios de oito provincias.
A morte, as raíces e os dilemas dun eremita
As creacións das que poderá gozar o público son Kowaw, un dúo que interpretarán os coreógrafos taiwaneses Hsin-Hsuan Yu e Szu Shihmin; Adama, unha peza para tres bailaríns do creador español Mario Bermúdez, fundador e director da compañía Marcat Dance; e Asceta, un solo asinado polo coreógrafo pacense Chey Jurado. O medo a envellecer e á morte, a mirada cara ás nosas raíces e antepasados reivindicando a terra, e os dilemas dun eremita que busca agocharse, son os temas que tratarán desde a danza estas tres propostas.
A programación do festival amplíase nesta edición coa proposta convidada da bailarina e coreógrafa galega Marcia Vázquez, que presentará ao público de Portomarín e de Santiago de Compostela Onde pousa a humidade, unha peza na que aborda a idea da espera inspirándose nos relatos das mulleres da Costa da Morte, que sempre esperan a que o océano lles devolva, cando menos, os restos dos ósos dos seus parentes, segundo ela mesma explica.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.