Noticias

A Lei de violencia dixital galega contará con recursos e medidas específicas paras as vítimas de violencia de xénero

A Xunta de Galicia está traballando no texto da primeira Lei de Violencia Dixital de España, que contará con medidas específicas para a protección e atención das vítimas de violencia de xénero. A Lei de Violencia Dixital na que traballa o Executivo autonómico incluirá referencias específicas para a loita contra a violencia de xénero, e recursos e medidas de gran calado para paliar o sufrimento das vítimas deste tipo de violencia. A Xunta traballa en colaboración cos axentes sociais para seguir impulsando medidas e iniciativas neste eido, como a Guía de indicios para a detección das vítimas de violencia de xénero na empresa ou o Protocolo contra as violencias machistas e lgbtifóbicas no ocio nocturno.

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, avanzou recentemente que o texto no que está traballando a Xunta de Galicia para a primeira Lei de Violencia Dixital de España, contará con medidas específicas para a protección e atención das vítimas de violencia de xénero. Así o sinalou durante a xornada profesional sobre violencia de xénero dixital e menores que se celebrou esta semana en Ourense e na que tamén participou a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández.

Durante o seu relatorio, Roberto Barba lembrou que a Lei de Violencia Dixital na que traballa o Executivo autonómico, incluirá referencias específicas para a loita contra a violencia de xénero. En concreto, Barba adiantou que se contemplan “recursos e medidas de gran calado para paliar o sufrimento das vítimas deste tipo de violencia”.

Neste sentido, o director xeral defendeu a importancia de seguir traballando na sensibilización e prevención dos crimes contra as mulleres en todos os ámbitos sociais. Deste xeito, recalcou que a Xunta de Galicia traballa en colaboración con todos os axentes sociais para seguir impulsando medidas e iniciativas neste eido. Así, fixo mención a Guía de inicios para a detección das vítimas de violencia de xénero na empresa ou o Protocolo contra as violencias machistas e lgbtifóbicas no ocio nocturno.

R., 2025-06-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES