Noticias

Galicia executa máis do 90 % da campaña da PAC 2024, situándose como a segunda comunidade autónoma con maior nivel de execución

A Consellería do Medio Rural xa executou, a data 8 de xuño, o 93 % dos pagos correspondentes á campaña da Política Agraria Común (PAC) 2024. Así, Galicia sitúase como a segunda comunidade autónoma en acadar un maior nivel de execución neste período. A tres semanas de rematar os pagos desta campaña, que teñen que estar aboados o 30 de xuño, só catro comunidades autónomas se atopan por riba do 90 % de execución -entre elas Galicia-. Actualmente hai sete comunidades entre o 70 % e o 80 %, mentres que cinco comunidades máis están por baixo do 70 %.

Dentro do marcado compromiso da Consellería do Medio Rural de executar os pagos da PAC en tempo e forma, cómpre lembrar que o Goberno autonómico xa aboou o 100 % das axudas directas a finais do mes de maio, cun desembolso total duns 172,5 millóns de euros. A este orzamento das axudas directas deben engadirse os do pago de decembro de 2024 correspondente ás zonas con limitacións naturais, que son uns 17,3 millóns de euros.

As achegas directas da PAC inclúen as axudas básicas á renda para a sustentabilidade, a redistributiva complementaria, a axuda complementaria á renda para as persoas agricultoras mozas, co obxectivo de favorecer a remuda xeracional; os ecorreximes, que son aquelas prácticas voluntarias que levan a cabo os agricultores para impulsar o rendemento ambiental e climático; e as achegas asociadas á produción.

Axudas agroambientais

Por outra banda, cómpre lembrar que o Goberno autonómico comezará a aboar nos próximos días as axudas agroambientais, que ascenden a preto de 25 millóns de euros, e que completarán os pagos do fondo Feader da Campaña da PAC 2024.

R., 2025-06-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES