
A Xunta e a Real Academia Galega incorporan doce novos concellos das catro provincias galegas á nova edición da campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra, que organizan conxuntamente e coa que se salvagarda e divulga o importante patrimonio inmaterial que atesoura a toponimia galega. Así o puxo en valor na súa presentación o secretario xeral da Lingua, Valentín García, quen salientou os resultados máis que satisfactorios deste proxecto, ao contar con case 4.000 colaboradores e preto de 90.000 microtopónimos recuperados desde que se puxo en marcha en 2019.
Neste senso, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude amosou o seu convencemento de que coa posta en marcha desta nova edición se lle vai dar un relevante pulo ao incorporar máis persoas e entidades que de seguro se van sumar agora a este proxecto. Para facelo, lembrou que a iniciativa inclúe a innovadora aplicación Galicia Nomeada, a través da cal os colaboradores poden achegar nomes de lugares, montes, leiras, fontes, camiños, regos, ou devesas dos que teñan constancia evitando que cheguen a perderse.
Por estes motivos, destacou o traballo que está a desenvolver o Goberno galego na preservación dunha das grandes riquezas da lingua galega con esta campaña, á que erixiu como referente na colaboración entre as administracións públicas e a cidadanía para preservar o patrimonio inmaterial toponímico. Coa incorporación nesta edición destes doce novos concellos seguro que o pulo a súa recuperación será maior, aseverou o secretario xeral da Lingua, quen estivo acompañado na presentación polo presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, e o filólogo Vicente Feijoo, quen tamén se encarga de impartir as charlas nos concellos.
Precisamente, a campaña Toponimízate efectuará 12 reunións de traballo para que a veciñanza destes doce municipios que se incorporan aprendan a empregar a aplicación Galicia Nomeada, que ten servido de modelo para outras comunidades. Estas charlas formativas comezarán o vindeiro 20 de xuño no municipio ourensán de Sandiás e prolongaranse ata o 14 de novembro, que será cando remate esta edición no municipio lucense de Baralla. Neste período, percorrerá as catro provincias con formacións en Baños de Molgas, Laxe, Chantada, Melón, A Estrada, Cervantes, Mondariz e Mondariz Balneario, Dozón e Val do Dubra.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.