Noticias

O emprego industrial crece en Galicia por riba da media nacional

O emprego industrial en Galicia crece por riba da media nacional, con 21.100 persoas ocupadas máis que en 2024, o que supón un incremento con respecto ao pasado ano do 12,14 por cento fronte ao 3,16 por cento do conxunto do Estado. Galicia foi a Comunidade na que máis subiu a ocupación no sector da industria, que pasou de rexistrar 173.800 persoas ocupadas no primeiro trimestre de 2024 a 194.900 no primeiro trimestre de 2025, a cifra máis alta de toda a serie histórica. Pola súa banda, a produción industrial medrou no que vai de ano un 4,1 por cento, superando amplamente o crecemento medio estatal, que se sitúa no 1,5 por cento.

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou hoxe que o emprego industrial en Galicia crece por riba da media nacional, con 21.100 persoas ocupadas máis que en 2024, o que supón un incremento con respecto ao pasado ano do 12,14 por cento fronte ao 3,16 por cento do conxunto do Estado.

Nunha visita que hoxe realizou á planta de Stolt Sea Farm en Carnota (A Coruña), Lorenzana apuntou que Galicia foi a Comunidade na que máis subiu a ocupación no sector da industria, que pasou de rexistrar 173.800 persoas ocupadas no primeiro trimestre de 2024 a 194.900 no primeiro trimestre de 2025, a cifra máis alta de toda a serie histórica.

Tamén salientou os datos de produción industrial, que medrou no que vai de ano un 4,1 por cento, superando amplamente o crecemento medio estatal, que se sitúa no 1,5 por cento.

Estes datos “amosan como estamos tendo un desenvolvemento industrial que se está consolidando”. Unha industria, dixo, “sustentable, comprometida co territorio, con altas cotas de innovación, que segue crecendo e que, ademais está diversificada e internacionalizada”.

O proxecto de Stolt Sea Farm en Rianxo

Como exemplo puxo a Stolt Sea Farm, da que destacou que é unha gran empresa líder en acuicultura terrestre de alta tecnoloxía, principal provedora de rodaballo e linguado que exporta preto do 60 por cento da súa produción. Conta cunha capacidade de produción anual de 6.500 toneladas de rodaballo e 1.700 toneladas de linguado.

Fundada en Noruega en 1972, ten a súa sede en Santiago de Compostela e opera en cinco países con máis de 450 empregados e 14 granxas a nivel global. A metade delas, encóntrase en Galicia, cun total de sete granxas de cultivo de peixe plano situadas en diferentes zonas da costa galega onde traballan máis de 280 empregados: Cabo Vilán (Camariñas), Cervo (Lugo), Couso (Ribeira), Lira (Carnota), Merexo (Muxía), Palmeira (Ribeira) e Quilmas (Carnota), contabilizando máis de 280 empregados nestes centros de traballo.

Lorenzana lembrou que se trata dunha empresa que promove un dos 14 proxectos industriais estratéxicos declarados pola Xunta, cada un en distintas fases de tramitación, que supoñen un investimento de máis de 2.400 millóns de euros e máis de 4.360 postos de traballo. En concreto, prevé implantar en Rianxo (A Coruña) unha nova planta para a manipulación e envasado de peixe plano (rodaballo e linguado), que terá un investimento de 44 millóns de euros e xerará 173 postos de traballo directos.

O proxecto permitirá ampliar a capacidade de procesado e envasado que actualmente se centraliza na planta de Lira (Carnota), así como a automatización do procesado do rodaballo e linguado fresco que engorda nas granxas da empresa, o que permitirá unha maior valorización dos produtos acuícolas e un mellor aliñamento coa demanda do consumidor. No interior, instalarase unha planta de I+D+i, que permitirá afondar na colaboración xa existente cos centros tecnolóxicos e outros axentes relevantes do ámbito da investigación.

Actualmente, o proxecto só está pendente do visto bo da Xunta Consultiva en materia de Ordenación do Territorio e Urbanismo para a súa aprobación definitiva por parte do Consello da Xunta este mesmo ano.

R., 2025-05-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (economia-porcentaxe.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que a Xunta destinará un total de 270 millóns de euros a paliar os efectos do conflito en Oriente Medio na nosa comunidade. Durante a sesión de control no Pleno do Parlamento de Galicia en resposta ás preguntas dos grupos parlamentarios, o titular do Goberno galego lembrou, ao respecto da situación en Oriente Medio, que o Consello da Xunta xa analizou hai dúas semanas 'os primeiros impactos' e que Galicia foi 'a primeira comunidade autónoma en falar cos clústeres'. Nesta liña, o presidente anunciou que o vindeiro Consello autorizará 'un plan de máis de 150 millóns' para atender aos sectores afectados, que se sumará aos máis de 120 millóns que suporá para Galicia financiar as iniciativas do Goberno central a este respecto.
Foto de la tercera plana (escenasdocambio-2026.png) Para a edición de 2026, chegan desde o outro lado do Atlántico La Cura e El Vacío (ambas estreas en España), nas que o coreógrafo cubano Julio César Iglesias dirixe á prestixiosa Compañía Colombiana de Danza Contemporánea. Tamén a conferencia escénica Arder Épica (Cap. 1) na que o artista brasileiro Reinaldo Ribeiro constrúe unha nova memoria colectiva a partir das cinzas que deixou o incendio do Museo Nacional do Brasil en 2018. Forma parte tamén da programación a instalación inmersiva Hecatombe II: Movementos e rituais para a renovación do mundo, da colombiana de orixe indíxena Martha Hincapié Charry, que rescata saberes ancestrais de líderes nativos das primeiras nacións americanas.

Notas

A National Aeronautics and Space Administration, NASA, confirmaba o pasado martes de xeito oficial que o 1 de abril será a primeira data na que se intentará lanzar desde o Centro Espacial Kennedy de Florida Artemis II, a primeira misión lunar tripulada desde 1972. 'Podo confirmar que todo está en orde e non hai ningún impedimento para o lanzamento de Artemis, se as condicións meteorolóxicas o permiten', afirmou a viceadministradora e responsable de exploración espacial da axencia espacial estadounidense, Lori Glanze.
A iniciativa, que este ano desenvolve a súa terceira edición, está promovida por CLARIAH-GAL, o nodo galego de CLARIAH-ES, infraestrutura que reúne especialistas de diferentes institucións do Estado español co obxectivo de impulsar o desenvolvemento de recursos, ferramentas e metodoloxías dixitais para a investigación en humanidades, artes e ciencias sociais, no marco dos consorcios europeos CLARIN e DARIAH.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES