Noticias

Galicia acolle o primeiro curso da Green Gap Academy para promover a aposta polas infraestruturas verdes desde o ámbito local

O proxecto Green Gap conta cun orzamento de máis de 2,1 millóns de euros, financiado no marco do Programa Interreg España-Portugal (Poctep 2021-2027), e nel participan, ademais do Instituto de Estudos do Territorio, un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e entidades universitarias da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Pola parte galega están implicadas a Universidade da Coruña, o Concello de Pontevedra, a Deputación de Ourense e a Fundación CEER, mentres que do lado portugués están a Cámara de Paredes de Coura, a Universidade do Minho, a Cámara de Guimarães, o Laboratorio da Paisagem de Guimarães así como a Agência Portuguesa do Ambiente e o Instituto da Conservação da Natureza das Florestas.

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolleu hoxe o curso Infraestrutura Verde, Restauración Ecolóxica e Resiliencia Urbana e Rural a nivel local co fin de promover a aposta polas infraestruturas verdes desde o ámbito local. Esta formación -con máis dun cento de inscritos entre as modalidades presencial e en liña- é a primeira celebrada ao abeiro da Escola Galaico-Portuguesa de Infraestrutura Verde e Paisaxe Resiliente (Green Gap Academy).

Esta escola creada no marco da iniciativa Green Gap e da Rede transfronteiriza de coñecemento e formación en infraestrutura verde pretende impulsar -mediante un plan formativo deseñado polos socios do proxecto- que as entidades locais fomenten os espazos verdes contribuíndo a restaurar a biodiversidade, a renaturalizar distintas áreas e ao deseño de paisaxes resilientes.

De feito, accións formativas como a celebrada hoxe -na que participou o director do Instituto de Estudos do Territorio (IET), Enrique de Salvador- pretenden servir de guía para o persoal das administracións locais, profesionais relacionados coa planificación territorial, coa planificación territorial, a xestión de espazos naturais, propietarios e xestores de terreos, estudantes ou a cidadanía en xeral.

Neste sentido, o curso consistiu nunha introdución xeral ao que é a infraestrutura verde, a aproximación ao marco xurídico e ás diferentes estratexias aprobadas sobre esta cuestión así como a presentación de distintos exemplos e o intercambio de experiencias mediante a celebración dunha mesa redonda.

A este curso seguiranlle outros catro así como nove talleres e oito charlas-coloquio previstos pola Green Gap Academy e que se celebrarán ao longo deste ano co fin de aportar as ferramentas necesarias ás entidades locais para que promovan espazos máis verdes cos que mellorar a contorna en beneficio da cidadanía presente e futura.

A iniciativa

O proxecto Green Gap conta cun orzamento de máis de 2,1 millóns de euros, financiado no marco do Programa Interreg España-Portugal (Poctep 2021-2027), e nel participan, ademais do Instituto de Estudos do Territorio, un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e entidades universitarias da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Pola parte galega están implicadas a Universidade da Coruña, o Concello de Pontevedra, a Deputación de Ourense e a Fundación CEER, mentres que do lado portugués forman parte do proxecto a Cámara de Paredes de Coura, a Universidade do Minho, a Cámara de Guimarães, o Laboratorio da Paisagem de Guimarães así como a Agência Portuguesa do Ambiente e o Instituto da Conservação da Natureza das Florestas.

O fin último desta iniciativa é contribuír a unha Europa máis verde, hipocarbónica e en transición cara a unha economía con cero emisións netas de carbono. De feito, aposta pola resiliencia promovendo unha transición enerxética limpa e equitativa, o investimento verde e azul, a economía circular, a mitigación do cambio climático e a adaptación a el, a prevención e a xestión de riscos ou a mobilidade urbana sostible, entre outras cuestións.

R., 2025-04-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES