Noticias

A gripe en Galicia presenta unha tendencia decrecente e mantense con intensidade baixa

A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, publica na súa páxina web o informe de actividade das infeccións respiratorias agudas correspondente á semana 12 do ano, que determina que a intensidade da gripe en Galicia se mantén baixa e a tendencia comeza a ser decrecente. Segundo os datos, a taxa de consultas por gripe nos servizos de atención primaria reduciuse un 14 % con respecto á semana previa, con 38,6 consultas por 100.000 habitantes. O descenso da taxa de consultas por gripe en atención primaria obsérvase nas sete áreas sanitarias e en todos os grupos de idade.

O grupo coa maior taxa de consultas segue a ser o de 0 a 4 anos pero con menos consultas que a semana previa, 64,5 consultas por 100.000 habitantes.

A rede de farmacias sentinela, que nesta campaña están a remitir os seus datos á Dirección Xeral de Saúde Pública, reflicte que as taxas de dispensación de antigripais e de probas de antíxenos foron menores que a semana previa.

En canto aos ingresos hospitalarios, na semana 12 do ano ingresaron 206 persoas con gripe confirmada, un 20 % menos que na semana anterior (258). A taxa de ingresos no conxunto da poboación foi de 7,6 por 100.000 habitantes. O único grupo de idade no que aumentou a taxa de ingresos foi o de 0 a 4 anos. Aínda así, son os maiores de 80 quen presentan a taxa de ingresos por gripe máis alta.

No que vai de tempada, notificáronse 2.887 ingresos por gripe, a maioría deles, 2.478, con virus do tipo A.

Respecto da positividade das mostras estudadas para virus do tipo A, foi do 17,5 %, o que supón un lixeiro descenso respecto da semana anterior, que foi do 17,8 %. A positividade das mostras estudadas para virus do tipo B foi do 0,8 %, polo que a positividade dos virus da gripe foi do 18,3 %, inferior á da semana anterior (19 %).

Evolución covid

O informe de actividade das infeccións respiratorias agudas indica que ingresaron 16 persoas con covid confirmada, manténdose a taxa estable con respecto á semana previa. En relación ás áreas sanitarias, unicamente a taxa de ingresos aumentou lixeiramente na área de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

Estimación

Segundo se recolle no informe, a estimación puntual do modelo de predición suxire que a taxa de consultas por gripe descenda de 38,6 a 35,8-32,8 consultas por 100.000 habitantes nas vindeiras dúas semanas respectivamente.

Polos datos deste informe e a diferenza da semana anterior, na que se observou un lixeiro aumento da taxa de consultas, parece que se consolida a tendencia decrecente da actividade gripal. Non obstante, a Xunta continuará coa vixilancia epidemiolóxica para detectar posibles cambios na tendencia, posto que aínda non se acadou o nivel basal ou preepidémico.

A Xunta lembra a recomendación do uso da máscara en pacientes con síntomas respiratorios, ademais dos seus acompañantes e visitas, e no caso dos profesionais que os atenden, así como en determinados grupos de risco ou dispositivos asistenciais como poden ser as urxencias hospitalarias.

R., 2025-03-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES