
Por exemplo, o computador cuántico Qmio do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) ou a ampliación do Cesga cun investimento de 56 M en marcha. Así mesmo, destacou o desenvolvemento da Comunidade na I+D+i ao redor destas tecnoloxías, que están a usar estas infraestruturas en beneficio do avance do coñecemento e da súa aplicación.
O titular de Ciencia afirmou que Galicia conta cos medios para situarse como un territorio destacado no marco europeo nos eidos da cuántica e da intelixencia artificial, grazas ás medidas que se están a impulsar e aos investimentos históricos realizados. De feito, estas tecnoloxías son eixos estratéxicos transversais do novo Plan galego de I+D+i 2025-2027 e consideradas de alto impacto polo seu potencial para contribuír a unha transformación profunda do tecido produtivo e a súa contribución ao avance da I+D+i e o desenvolvemento do sector. Con esta aposta, preténdese, polo tanto, seguir contribuíndo a reforzar a soberanía tecnolóxica de Europa desde o sur do continente.
Outros encontros con representantes europeos
Román Rodríguez tamén mantivo outras reunións de traballo na capital belga con representantes europeos para tratar temas vinculados coa ciencia e a innovación. Concretamente, reuniuse coa eurodeputada da Comisión de Innovación Eva Meydell e co eurodeputado da Comisión de Mercado Interior e Protección dos Consumidores Andreas Schawab. Así mesmo, Román Rodríguez mantivo un encontro con membros da Representación Permanente de España na Unión Europea (REPER) vencellados ao ámbito da investigación e a innovación, como o conselleiro de Ciencia e Innovación, David González, e a conselleira de Asuntos Autonómicos, Florencia Cuervo.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.