Noticias

O Sergas incrementou as operacións de prioridade 1 en 2024 un 10,7 % cunha redución do tempo de espera media de 3,5 días

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño destacou hoxe que as operacións de prioridade 1 realizadas polo Servizo Galego de Saúde en 2024 medraron un 10,7 % e, aínda así, reduciuse o tempo de espera media en 3,5 días. No Pleno do Parlamento Gómez Caamaño remarcou que en 2024 a sanidade pública superou por primeira vez as 200.000 cirurxías nun único exercicio. 'Outro dos grandes froitos do noso compromiso coa priorización é a diminución ata os 17,1 días do tempo de espera cirúrxica para as prioridade 1, diminuíndo o acceso en 3,5 días desde 2023 e nun total de 12 días desde o 2009', remarcou.

Neste sentido, salientou a posta en marcha en 2018 da lei de garantías de tempos máximos que o ano pasado se ampliou ata incluír 115 enfermidades graves que teñen garantido o acceso a unha primeira consulta de especialista e a unha proba diagnóstica en menos de 45 días e, no caso de ser precisa, a unha intervención cirúrxica en menos de 60 días. Só o ano pasado beneficiáronse desta garantía 58.000 pacientes; case 340.000 galegos desde o ano 2018.

No caso das vías rápidas de cancro, o obxectivo é non superar os 15 días na atención para enfermidades graves como o cancro de pulmón ou de mama. Así, durante o ano 2024 o tempo medio de espera non Servizo Galego de Saúde para as vías rápidas de sospeita diagnóstica de cancro foi de tan só 5,8 días.

Na súa intervención, Gómez Caamaño explicou que “non é o mesmo a espera dun paciente con cancro que a espera dun paciente cun quiste benigno na pel” e lamentou, neste sentido, que os grupos da oposición as traten “todas igual”. Lembrou que a sanidade pública funciona priorizando os resultados en saúde para abordar de forma urxente aquilo que non pode agardar e o máis rápido posible, todo o demais.

Máis actividade en todas as áreas

O conselleiro de Sanidade valorou o “extraordinario traballo realizado polos profesionais da sanidade pública”, que permitiu reducir as esperas en 2024 a pesar de lograr aumentar a actividade en cirurxías, consultas e probas diagnósticas. Ademais, subliñou que na sanidade pública galega se realizan procesos cada vez máis complexos.

Galicia conta cunhas das listas de espera máis baixas de España. Na práctica significa que os galegos esperan de media uns 40 días menos que un catalán para operarse, sinalou Gómez Caamaño.

No Servizo Galego de Saúde o tempo medio de espera para unha cirurxía foi, a finais de 2024, de 67,1 días, a pesar de realizar 10.800 operacións máis.

Tamén é notable a mellora acadada nos tempos de espera nas consultas de especialista, que baixaron o ano pasado en 12,5 días, desde os 73 ata os 61 días. “Hai que ter en conta que esa redución de tempo de acceso se produciu ao tempo que aumentaba o número de consultas nun 2,7 % ata acadar a cifra récord de máis de 4.850.000”, incidiu.

No referente ás probas diagnósticas, reducíronse en máis de 1.000 os pacientes que estaban a agardar, incrementando a actividade un 4 % e baixando a espera media en 6,2 días con respecto ao ano anterior.

Gómez Caamaño censurou que o grupo parlamentario nacionalista non colabore na mellora da sanidade pública reclamándolle ao Goberno de España que facilite a dispoñibilidade de máis médicos; que non apoiasen as medidas da Xunta para cubrir as prazas de facultativos en zonas de difícil cobertura; ou que nin sequera apoien no Congreso iniciativas de prevención da violencia contra os sanitarios.

Incremento da cirurxía robótica

Entre os avances da actividade asistencial do ano 2024 do Servizo Galego de Saúde destaca o aumento dun 19 % das intervencións robotizadas con respecto ao ano anterior.

Gómez Caamaño tamén se referiu ao reto da lonxevidade que permite que cada vez máis persoas maiores pasen polo quirófano. Concretamente, o pasado ano rexistrouse un aumento nas operacións robotizadas a persoas de entre 65 e 90 anos, con 1.918 intervencións, que supoñen 428 máis que o ano anterior.

Ademais, o Servizo Galego de Saúde practicou en 2024 un total de 4.200 intervencións cirúrxicas máis a persoas maiores de 90 anos, o que supuxo un incremento do 12,7 % con respecto a 2023.

R., 2025-03-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES