
Esta recollida selectiva é posible grazas á rede de contedores verdes que a cidadanía ten á súa disposición en Galicia. Na actualidade hai 18.742 iglús verdes repartidos por toda a Comunidade.
Ademais do vidro depositado nos iglús verdes pola cidadanía, recuperáronse, de forma complementaria, nas plantas de tratamento de residuos urbanos da Comunidade, 16.527 toneladas de refugallos de envases deste material que non foron correctamente separados en orixe.
A reciclaxe de envases de vidro é un elemento clave na loita contra o cambio climático e a descarbonización da nosa economía. Así, durante 2024, grazas á reciclaxe destes residuos, en Galicia aforráronse 45.400 MWh de enerxía e evitouse a emisión de 36.900 toneladas de CO2, así como a extracción de máis de 76.300 toneladas de materias primas.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.