Noticias

Maná e Bright Eyes súmanse ao ambicioso cartel do Gozo Festival

O Gozo Festival é unha das grandes citas dos Concertos do Xacobeo e neste 2025 achegará a Galicia figuras internacionais de renome como Lenny Kravitz (nun concerto no que contará con Estrella Morente como artista convidada), David Guetta, Alanis Morissette ou Lionel Richie, e aos que se suman agora Maná e Bright Eyes. Nominado para entrar no mítico Rock and Roll Hall of Fame, Maná esta considerado o grupo de rock en español máis influente do mundo e un dos nomes latinos máis importantes de todos os tempos. Bright Eyes estrearase o 11 de xullo en Galicia liderando o escenario indie de principios do século XXI con discos como 'Lifted' ou 'I'm Wide Awake, It’s Morning', e unha das voces máis representativas do xénero.

Os Concertos do Xacobeo, impulsados pola Axencia de Turismo de Galicia, regresan neste 2025 cun programa amplo e plural, que apoia aos principais eventos musicais da comunidade galega e que, ano tras ano, aposta por situar a Galicia como un dos destinos referentes para os públicos coas preferencias culturais máis esixentes e diversas. Así o puxo de manifesto o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, que anunciou os concertos de Maná o 5 de xullo no Monte do Gozo, e de Bright Eyes o 11 do mesmo mes na Sala Capitol, os dous en Santiago de Compostela

O Gozo Festival é unha das grandes citas dos Concertos do Xacobeo e neste 2025 achegará a Galicia figuras internacionais de renome como Lenny Kravitz (nun concerto no que contará con Estrella Morente como artista convidada), David Guetta, Alanis Morissette ou Lionel Richie, e aos que se suman agora Maná e Bright Eyes.

Nominado para entrar no mítico Rock and Roll Hall of Fame, Maná esta considerado o grupo de rock en español máis influente do mundo e un dos nomes latinos máis importantes de todos os tempos a banda. Cunha traxectoria de 40 anos no panorama musical internacional, suman 133 álbums de ouro, 256 de platino, 4 premios GRAMMY®, 9 premios GRAMMY® Latinos, 26 Billboard Latinos, 15 Premios O Noso e galardóns especiais como o Premio Billboard Latino á Traxectoria Artística recollido en 2018 e a Icona Latin Billboard obtido en 2021.

Bright Eyes estrearase o 11 de xullo en Galicia liderando o escenario indie de principios do século XXI con discos como “Lifted” ou “I'm Wide Awake, It’s Morning” con Oberst como unha das voces máis representativas do xénero. Deleitará ao público galego co seu 11º álbum, ‘Five Di, All Threes’, recen estreado e un traballo que conta coas colaboracións de Cat Power ou Matt Berninger (The National).

Firme aposta da Xunta

Durante a súa intervención, Xosé Merelles remarcou que “a Xunta de Galicia continúa firme na súa aposta por posicionar á comunidade galega como destino turístico de grandes eventos musicais. Proba disto é o noso apoio ao Gozo Festival unha edición máis, no marco do proxecto Concertos do Xacobeo”. Ademais, destacou que “o Gozo Festival é una cita que ofrece a posibilidade de ver en Galicia xiras internacionais de renome”. Na súa pasada edición, en 2024, logrou a cifra récord de máis de 75.000 asistentes, procedentes de máis de 20 países.

Merelles quixo salientar, tamén, o impacto internacional deste destacado evento do calendario musical apoiado pola Xunta de Galicia, que se consolida neste 2025 para celebrar a súa terceira edición coa singularidade artística como estandarte, con estrelas internacionais de estilos musicais ricos e plurais, para o goce dos públicos máis diversos.

“É salientable o impacto turístico e económico do Gozo Festival, un evento que, espallado ao longo de todo o ano, axuda a desestacionalizar o noso turismo”, apuntou Merelles ao tempo que remarcou “a importancia de que Galicia acolla espectáculos deste nivel, que son capaces de atraer a milleiros de persoas e que contribúen a diversificar o noso turismo nos diferentes momentos do ano” ademais de xerar emprego e gasto nas cidades que o acollen.

Sobre o Gozo Festival

A terceira edición do Gozo Festival deu o seu pistoletazo de saída o pasado mes de febreiro de 2025 co concerto do grupo Franz Ferdinand na sala Pelícano da Coruña, mentres que, no mes de marzo, o domingo 16, tivo tamén lugar, no Auditorio Mar de Vigo, o directo dunha das grandes voces femininas a nivel internacional, a estadounidense Anastacia.

Xa no mes de abril, concretamente o xoves día 10, o Gozo Festival, da man de Concertos do Xacobeo, presentará no Coliseum da Coruña ao lendario Lenny Kravitz. No mesmo recinto terán lugar outros dous grandes concertos no mes de xullo, con Alanis Morissette (o mércores 9) e Lionel Richie (o xoves 31). Pola súa banda, o Monte do Gozo de Santiago de Compostela vivirá unha nova edición da mellor música electrónica co BBF, que o domingo 6 de xullo estará encabezado polo gran dj David Guetta.

A Xunta de Galicia continúa así dinamizando a oferta turística das cidades galegas durante todo o año co apoio a grandes concertos e festivais como este Gozo Festival, que naceu en 2023 co patrocinio do goberno galego. Na pasada edición da cita, en 2024, máis de 75.000 persoas asistiron aos concertos de estrelas mundiais como Ed Sheeran, Maná, Bomba Estéreo, Queens of the Stone Age ou The Warning, entre outros, cun público procedente de máis de 20 países, como México, Finlandia, Brasil ou Xapón.

R., 2025-02-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (estacions-ano-cdc.jpg) A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, símbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Foto de la tercera plana (infancia_2.jpg) Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao período lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantís.

Notas

Ducias de persoas participaron nas actividades do Vendaval, Mostra de Cinema Portugués na Ribeira Sacra, que entre o 25 e o 30 de agosto levou proxeccións, concertos, conversas e encontros con cineastas a diferentes espazos da comarca. Unha proposta cultural diferente, de balde e vinculada ao territorio que volverá durante o outono e a primavera con dous novos pases e novas propostas cinematográficas.
A USC vén de reafirmar a súa aposta en prol da administración dixital e de que parte dos seus servizos poidan ser prestados de xeito eficaz por medios telemáticos, coa renovación (2026-2028) do Certificado de conformidade co Esquema Nacional de Seguridade no seu nivel medio. Isto é froito do traballo conxunto da Secretaría Xeral, a unidade de Seguridade da Información que coordinou o proceso, a Área TIC, e o Comité de Seguridade da Información.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES