
O volume, con prólogo do conselleiro de Educación, comeza cunha reflexión de Santos Rego sobre a investigación educativa en Galicia diante da sociedade dos algoritmos para logo recoller catorce capítulos de máis de 40 investigadoras e investigadores das universidades públicas galegas, dos que nove son encabezados por especialistas da Universidade compostelá. Cada un deses capítulos reflicte o traballo da investigación realizada nesta última década en áreas fundamentais de estudo relacionadas coa historia, os métodos de ensino, a tecnoloxía educativa, a diversidade cultural, a orientación profesional, ou a didáctica en disciplinas específicas como as ciencias, a lingua, e as artes.
Os retos
Só mediante a combinación de excelencia científica, reflexión crítica e unha firme aposta pola transferencia do coñecemento poderemos enfrontar con éxito os desafíos do futuro e garantir que a investigación siga a ser un piar fundamental para a mellora da educación, favorecendo, á súa vez, un impacto positivo e duradeiro na sociedade. Con esta sentencia remata o libro, que formula no seu último capítulo os retos máis inmediatos aos que se vai ter que enfrontar a investigación educativa, que hoxe se realiza dende os 46 grupos que existen nas tres universidades públicas.
Neste senso, proponse fortalecer as capacidades científicas e innovadoras mediante o desenvolvemento de estruturas de investigación que, máis alá dos grupos, permitan crear unha ampla masa crítica a partir de alianzas estratéxicas que favorezan a abordaxe de problemas máis complexos e potencien os resultados da investigación xerando unha maior incidencia política e social. A radiografía a día de hoxe -advirten- é que nas Facultades de Educación os grupos carecen de espazos axeitados e instalacións específicas nos que poder desenvolver as súas tarefas de investigación.
O compromiso coa transferencia de coñecemento é outros dos eixos salientables para os autores. Temos que responder, co maior nivel de validez de resultados, a problemas educativos da sociedade, sendo capaces de por a disposición dos/as distintos profesionais programas, técnicas ou instrumentos de eficacia contrastada para que podan ser aplicados e, á súa vez, revisados, nunha constante retroalimentación teoría-práctica, explican.
Boa parte das expectativas, apuntan, teñen tamén que ver co papel da Intelixencia Artificial no seu ámbito e como afecta á ética na investigación. Asistimos á aparición dun elemento con capacidade e múltiples posibilidades para transformar o propio campo da investigación educativa e o da avaliación da súa calidade, pero tamén temos que prestar atención, por unha banda, aos desafíos ou problemas derivados dos nesgos algorítmicos que poden levar á realización de avaliacións nas que os resultados non reflexan correctamente a realidade, advirten.
A última das cuestións sobre as que poñen o foco no informe é a formación dos investigadores e investigadoras en educación, que debe ser sólida e en constante renovación e que necesariamente debe abarcar a dimensión ética na investigación educativa. Este proceso, indican, debe facerse tendo presente o marco común europeo da carreira investigadora, mais tendo en conta que a sostibilidade da investigación educativa aséntase, en boa medida, nos chanzos iniciais de predoc e posdoc nos que temos que asegurar a captación de talento, que debe moverse nun marco altamente competitivo, e onde os indicadores nos que nos manexamos en educación presentan, en ocasións, difícil encaixe nas convocatorias.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.