Noticias

Galicia medra en xaneiro por riba da media española en número viaxeiros aloxados en hoteis e pensións

O Instituto Nacional de Estatística (INE), fixo hoxe públicos os primeiros datos turísticos de 2025 referidos aos hoteis e pensións durante xaneiro. Neste mes, un total de 179.837 viaxeiros aloxáronse nos establecementos hoteleiros e fixeron 317.129 noites, uns niveis superiores aos do ano pasado, rexistrando uns incrementos do 3,3% en viaxeiros e do 1,7% en noites. O bo comportamento ten que ver co incremento, neste mes, do turismo de ámbito nacional, que medrou un 5% o interno (residentes en Galicia) e un 3% o que procede do resto de Estado. Neste contexto, o sector hoteleiro foi quen de manter un nivel de ingresos semellante ao do pasado ano superando os 12M€ e manténdose por segundo ano consecutivo por riba deste limiar.

Supérase de novo os valores previos á pandemia, cando se facturaban 11,7 millóns de euros no segmento hoteleiro da comunidade en xaneiro de 2020 e 10,6M€ en xaneiro de 2019.

En canto ao perfil dos viaxeiros en xaneiro, o 80% das noites hoteleiras corresponderon ao turismo de ámbito nacional, segmento no que tivo un maior peso os españois que proceden doutras comunidades autónomas, xa que representan o 45% do total. Así pois, case unha de cada dúas noites nos hoteis e pensións de Galicia corresponderon aos españois que veñen de fóra da comunidade.

O mercado interno, dos residentes en Galicia, absorbe o 33% mentres que o 21% restante corresponde ao turismo internacional. O mercado nacional consolida con estes datos tres anos consecutivos de crecemento da demanda hoteleira no mes de xaneiro, que permiten superar as 252.000 noites na comunidade.

R., 2025-02-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES