Noticias

Preto de 6.000 pacientes cardiolóxicos reciben teleasistencia a domicilio a través da plataforma TELEA

Na actualidade, preto de 6.000 pacientes cardiolóxicos reciben asistencia a domicilio a través da plataforma TELEA, cuxo enfoque integral fai única esta ferramenta tecnolóxica a nivel internacional, tanto no ámbito sanitario como no socio-sanitario. O Servizo Galego de Saúde ten implantada en todas as áreas sanitarias a interconsulta electrónica en cardioloxía, unha ferramenta que favorece a conexión directa entre profesionais de atención primaria e hospitalaria e facilita o seguimento ou derivación do paciente cando sexa estritamente necesario.

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, salientou hoxe que, na actualidade, preto de 6.000 pacientes cardiolóxicos reciben asistencia a domicilio a través da plataforma TELEA, cuxo enfoque integral fai única esta ferramenta tecnolóxica a nivel internacional, tanto no ámbito sanitario como no socio-sanitario.

O titular de Sanidade do Executivo galego interveu esta tarde, de xeito telemático, na inauguración do VI Simposio de Innovación en Cardioloxía, que organiza o Servizo de Cardioloxía do Hospital Público Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Gómez Caamaño subliñou que o Servizo Galego de Saúde ten implantada en todas as áreas sanitarias a interconsulta electrónica en cardioloxía, unha ferramenta que favorece a conexión directa entre profesionais de atención primaria e hospitalaria e facilita o seguimento ou derivación do paciente cando sexa estritamente necesario.

Incidiu en que o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo é punteiro no campo da Cardioloxía e puxo en valor a aposta decidida do departamento sanitario galego pola tecnoloxía máis innovadora, consolidando, deste xeito, o uso da telemedicina en todo o Servizo Galego de Saúde.

Outras iniciativas

Xunto aos avances de seguimento de pacientes crónicos cardiolóxicos a través da plataforma TELEA, Gómez Caamaño remarcou tamén que no mes de decembro Galicia se converteu na primeira comunidade española en integrar os seus servizos de emerxencias sanitarias coa aplicación móbil Ariadna, co fin de incrementar a taxa de supervivencia á parada cardíaca en espazos públicos.

Ademais a Xunta implantou en novembro un protocolo unificado de asistencia para reducir a mortalidade nos casos de shock cardioxénico, sendo a primeira comunidade en crear unha rede asistencial e protocolizar esta atención. A este respecto o conselleiro explicou que desde 2016 o Servizo Galego de Saúde atendeu máis de 3.100 pacientes con esta patoloxía.

Gómez Caamaño rematou a súa intervención incidindo en que todos estes avances en materia de innovación se traducen nunha sanidade pública excelente, grazas aos profesionais e aos servizos de cardioloxía, que teñen moito que ver neles, contribuíndo, deste modo, a mellorar a vida dos pacientes.

R., 2025-02-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES