
Calvet (Vilafranca del Penedés, Barcelona, 1903 - Barcelona, 1988) iniciou a súa formación en Química na Universidade de Barcelona, onde tamén comezou a súa carreira docente en 1923. Dous anos despois recibiría unha bolsa para traballar en Oxford con Chataway, un dos poucos químicos orgánicos ingleses ben relacionado coa escola alemá de Von Baeyer, daquela a mellor do mundo. En 1927 obtivo o grao de doutor en Oxford e un ano despois o da Universidad de Madrid.
En 1929, cumpridos os 26 anos, gañou a cátedra de Química Orgánica da Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela, neses intres carente de tradición docente e investigadora no eido das ciencias experimentais, ata o punto de que o centro non dispoñía de ningún laboratorio químico. Pouco despois recibiu unha bolsa da Fundación Rockefeller para traballar en Múnic sobre a química dos alcaloides, baixo a dirección do premio nobel Heinrich Wieland.
Pioneiro nas ciencias galegas
De volta en Santiago, en 1930, conseguiu montar un laboratorio para prácticas de Química Orgánica e outro destinado a traballos de investigación, creando un grupo moderno, equiparable aos mellores do Estado e pioneiro nas ciencias galegas. Neste período puxo a punto técnicas novas de síntese e illamento de compostos orgánicos, moitos a partir de produtos naturais. Paralelamente, organizou un servizo de semimicroanálise elemental orgánica que foi utilizado por algunhas industrias e serviu para incrementar o seu prestixio, ata o punto de recibir unha felicitación da Sociedad Española de Física y Química.
De ideas liberais, tiña unha manifesta simpatía polos sectores galeguistas da Universidade, como o Seminario de Estudos Galegos e os grupos Ultreia. Calvet Afirmaba que Galicia es una nación perfectamente definida [
] la Universidad tiene que ser el exponente cultural de esta nacionalidad. Participou na constitución do chamado Pacto de Compostela, no que, entre 1933 e 1934, os nacionalistas cataláns, vascos e galegos se comprometeron a apoiarse mutuamente no servizo dos ideais comúns.
Na USC, ademais de traballar pola integración das mulleres na docencia, Calvet achegou un aire europeo ás formas docentes, tanto na relación co estudantado como na incorporación do deporte, sobre todo o rugby. Ademais, apostou pola sociabilidade universitaria, organizando xornadas de té, música e excursións.
A partir de 1934 a orientación dos seus traballos comezou a mudar cara á aplicación da química orgánica nos sectores económicos do país como a pesca ou a industria farmacéutica. Así, fundou en Vigo -xunto o médico Ramón Obella e o farmacéutico Francisco Ruvira- o Instituto Bioquímico Miguel Servet, converténdose no seu director científico. O laboratorio dedicouse principalmente a estudar métodos de conservación, análise e extracción do caruncho do centeo co fin de obter alcaloides, que se empregarían para fabricar o preparado Pan Ergot, indicado para afeccións como a migraña e o glaucoma. Neses intres a bioquímica era un campo emerxente, con novas e amplas aplicacións, polo que en 1935 Calvet solicitou unha pensión para traballar nesta especialidade en Estocolmo xunto ao premio nobel Von Euler, un dos pais da bioquímica europea.
Guerra Civil
O comezo da Guerra Civil sorprendeuno en Vigo, onde se atopaba coa súa familia, e desde alí tivo coñecemento pola prensa da súa destitución como catedrático por catalanista, antimiltarista y por sus ideas separatistas, tamén por francamente comunista. Para evitar represións, e como dispoñía dunha bolsa para continuar estudos en Estocolmo, volveu alí en setembro do 36. Rematada a bolsa, consegue un contrato como profesor de prácticas na facultade de Medicina de Edimburgo. En 1938 negocia coas autoridades franquistas no exterior a súa volta coa promesa de que non habería represalias, pero nada máis entrar en España foi preso por un tempo no cárcere de Tui.
Ao saír da prisión, ao non poder reincorporarse á Universidade de Santiago, asentouse coa súa familia en Vigo, onde reiniciou os seus traballos nos Laboratorios Miguel Servet, que aos poucos meses se integrarían nos Laboratorios Zeltia do Porriño. Tería que agardar a 1944 para que se resolvese a súa situación de apartamento da docencia. Reposto no seu cargo de catedrático, foi destinado á Universidad de Salamanca. Despois dun breve paso pola de Oviedo, incorporouse á de Barcelona, onde conseguiu que a bioquímica se transformase en disciplina independente, creou un importante grupo de investigación e colaborou como asesor científico-técnico en varias empresas farmacéuticas. Neses anos tamén traballou no Brooklyn Polytechnic Institute de Nova York e na Universidade de Nova York, onde estudou o metabolismo das células hepáticas.
No ano da súa xubilación, en 1973, realizou a tradución da Bioquímica de Lehninger, converténdose nun dos textos máis populares desta disciplina en España. Ao longo da súa traxectoria, foi autor de decenas de publicacións científicas e director dunha vintena de teses de doutoramento.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.