
Tanto o proxecto expositivo como a programación complementaria foi presentada esta mañá polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo. No acto, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude gabou o talento dos dous artistas, Concha Jerez, galardoada co Premio Nacional de Artes Plásticas en 2015, entre outros galardóns, e José Iges, recoñecido compositor, intérprete, teórico da arte sonora e, ademais, destacado creador de radioarte.
Ademais, a mostra foi inaugurada polo Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, no Centro Galego de Arte Contemporáneo. Aberta ata o 7 de setembro, Resignificacións é unha confluencia de linguaxes onde conviven imaxes fixas e en movemento, sons, fotografías, obxectos reutilizados, entrevistas, obras ideadas para radio, videoperformance ou documentos, Jerez e Igés compoñen unha especie de paisaxes visuais e sonoras que analizan o mundo que nos rodea.
Ademais, como complemento ao programa expositivo, están previstas actividades paralelas como unha performance na que participarán os dous artistas mañá, ás 19,00 horas, e outra, o 24 de abril, ás 19,00 horas, onde cada un deles fará a súa propia actuación. Pola súa banda, o 25 de abril, ás 19,00 horas, terá lugar unha mesa redonda sobre o traballo de ambos artistas que contará coa presenza da crítica de arte moderna, Gloria Picazo, o compositor e músico, Miguel Álvarez Fernández, e a comisaria da mostra, Alicia Murría. Ademais, o 3 de xuño, a partir das 20,00 horas, celebrarase no centro museístico o concerto Préstame 88.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.