
Estará acompañado por Seor (Beatriz López), autora do primeiro graffiti feito en Galicia en 1984 na cidade de Pontevedra, e os comisarios e investigadores no ámbito do graffiti contemporáneo, Amabel González Troncoso e Balu. A entrada é libre e de balde ata completar a capacidade da sala.
O tagging como forma de expresión
Darryl McCray adoptou o seu alcume na adolescencia, pola nostalxia do pan de millo que lle facía a súa avoa durante o tempo que estivo internado nun centro de menores. Con ese nome pintou primeiro a súa camisa e logo as paredes, marcando, sen sabelo, o inicio do tagging e do graffiti moderno en 1965, un fenómeno que se expandiu de Filadelfia a Nova York e de aí ao resto de Europa e do mundo.
Cornbread non só empregaba unha caligrafía moi característica ao deixar o seu nome nas rúas, senón que foi dos primeiros en incorporar elementos que logo se farían populares entre os escritores de graffiti, como a coroa.
No libro Cornbread the Legend - Graffiti in Philadelphia (1965-1971), editado por Maxitype en 2024, reúnense recortes de xornais, debuxos, fotografías e entrevistas que axudan a entender a influencia e o legado do estadounidense, non só no graffiti senón tamén noutros movementos urbanos como o Hip-Hop.
Entre as anécdotas e momentos decisivos que conta o libro está o errado anuncio da morte de Cornbread que fixo a prensa local en 1971, ao cal o artista respondeu cunha serie de accións espectaculares como pintar Cornbread lives (Cornbread vive) cun aerosol sobre un elefante no zoo de Filadelfia. Estes feitos tiveron tanta repercusión que catapultaron á fama pública a unha figura que ata entón permanecera no anonimato.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.