Noticias

Galicia súmase na Unesco ao Ano internacional da Cuántica en París xunto a máis de 100 países

Con motivo do Ano Internacional da Ciencia e a Tecnoloxía Cuántica, a Administración autonómica, así como as universidades públicas, os centros de coñecemento e todas as entidades relacionadas con este campo en Galicia, van celebrar un amplo calendario de eventos para impulsar esta tecnoloxía e amosar todo o potencial galego. Actualmente xa hai pechados oito eventos, aos que se sumarán diversos coloquios, actividades e xuntanzas. O Cesga, xunto coa Universidade de Santiago e a entidade Quantum Spain, organizan o 28 de febreiro e o 7 e 14 de marzo o evento USC Quantum Computing Workshop en Santiago de Compostela. Ademais, o 14 de abril ofrecerán unha masterclass online orientada a estudantes de Secundaria. Igualmente, Cesga e a USC, xunto con TalentQ, celebrarán webinars todos os martes cada dúas semanas.

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participou hoxe na cerimonia de apertura do Ano Internacional da Ciencia e a Tecnoloxía Cuántica en París. Organizada pola Unesco, na cita participan representantes de máis de 100 países. O representante da Xunta sinalou que Galicia se suma a esta conmemoración como “unha gran oportunidade para contribuír á divulgación desta tecnoloxía e a súa repercusión na vida diaria das persoas”. “Para Galicia é unha área de referencia na que temos moitas potencialidades e recursos, polo que queremos seguir impulsando proxectos entorno a ela”, engadiu o conselleiro.

Desde a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, e acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, o titular de Ciencia amosou o compromiso do Goberno autonómico co impulso das tecnoloxías cuánticas. De feito, como lembrou, “é unha das áreas estratéxicas do novo Plan de I+D+i” aprobado onte polo Consello da xunta cun investimento de máis de 1.300 M€.

“Temos grandes oportunidades e grandes recursos: o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), onde presta servizo o computador máis potente do noso entorno; investigadores de referencia e unha liña de traballo estable”, afirmou sobre a posición da nosa Comunidade neste eido que repercute na investigación e nas empresas.

Presencia galega nos eventos

Con motivo do Ano Internacional da Ciencia e a Tecnoloxía Cuántica, a Administración autonómica, así como as universidades públicas, os centros de coñecemento e todas as entidades relacionadas con este campo en Galicia, van celebrar un amplo calendario de eventos para impulsar esta tecnoloxía e amosar todo o potencial galego.

Actualmente xa hai pechados oito eventos, aos que se sumarán diversos coloquios, actividades e xuntanzas. O Cesga, xunto coa Universidade de Santiago e a entidade Quantum Spain, organizan o 28 de febreiro e o 7 e 14 de marzo o evento USC Quantum Computing Workshop en Santiago de Compostela. Ademais, o 14 de abril ofrecerán unha masterclass online orientada a estudantes de Secundaria. Igualmente, Cesga e a USC, xunto con TalentQ, celebrarán webinars todos os martes cada dúas semanas con investigadores que presenten resultados acadados da investigación cuántica.

Xa o 21 de marzo está prevista, tamén na capital galega, a competición USC Haqathon, organizada pola entidade Quorum. No mes de maio presentaranse en Dinamarca, nun evento organizado polo Quantum Safe Internet, as obras do concurso de arte QSI Science Art Contest, organizado pola mesma entidade. En agosto, o Cesga e a Universidade da Coruña participarán na workshop EuroQHPC con numerosos países da Unión Europea.

Xa en outubro, celebrarase a segunda conferencia internacional sobre cuántica na Cidade da Cultura dirixida a expertos do sector e organizada por Fujitsu Quantum Centre. Tamén está prevista a asistencia de Galicia ao evento anual que organiza a Comisión europea European Quantum Technologies Conference en Dinamarca.

Os 100 anos da cuántica

O Ano Internacional da Ciencia e a Tecnoloxía Cuántica conmemora, grazas a unión das sociedades científicas e a declaración das Nacións Unidas, os 100 anos desde o desenvolvemento inicial da mecánica cuántica. Esta iniciativa mundial celebrarase ao longo de todo o ano con actividades a todos os niveis destinadas a aumentar a conciencia pública sobre a importancia da ciencia e as aplicacións cuánticas.

Galicia, consciente do seu papel e percorrido na cuántica, traballa para reforzar esta área e para posicionar a Comunidade como unha rexión referente á vangarda.

R., 2025-02-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES