Noticias

Galicia lidera por segundo ano consecutivo a taxa de escolarización 0-3 anos ao acadar o 60,5 %

Galicia é, por segundo ano consecutivo, a comunidade con maior taxa de matriculación entre 0 e 3 anos, cun 60,5%, segundo os datos de escolaridade do curso 2023/24 do Ministerio de Educación. A taxa do 60,5 % sitúa Galicia trece puntos por riba da media nacional e tamén supón trece puntos máis que antes da implantación da gratuidade, que se comezou a desenvolver no curso 2019/20. Así mesmo, Galicia cumpre co obxectivo da Unión Europea de acadar o 45 % de escolarización no 2030. Polo tanto, seis anos antes de chegar a esa data, a comunidade galega xa supera en máis de 15 puntos este obxectivo.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que Galicia é, por segundo ano consecutivo, “a comunidade con maior taxa de matriculación entre 0 e 3 anos”, cun 60,5%, segundo os datos de escolaridade do curso 2023/24 do Ministerio de Educación. Deste xeito recóllese nun informe da Consellería de Política Social e Igualdade que hoxe abordou o Consello da Xunta e no que se constata que este liderado evidencia o impacto positivo do programa da gratuidade nas escolas infantís.

Tal e como explicou o presidente, a taxa do 60,5 % sitúa Galicia “trece puntos por riba da media nacional” e tamén supón “trece puntos máis que antes da implantación da gratuidade”, que se comezou a desenvolver no curso 2019/20.

Así mesmo, Galicia cumpre sobradamente o obxectivo da Unión Europea de acadar o 45 % de escolarización no 2030. Polo tanto, seis anos antes de chegar a esa data, a comunidade galega xa supera en máis de 15 puntos este obxectivo. Rueda resaltou que “Galicia se sitúa entre as rexións europeas” con maior taxa de matriculación nesta franxa de idade, cuns niveis de escolarización equiparables aos países con maiores índices de benestar do mundo. Así, segundo o último informe da OCDE Panorama da Educación, o país europeo coa maior taxa 0-3 no 2022 era Noruega cun 58,9 %, por debaixo da que actualmente ten Galicia.

As familias escollen o centro que prefiren

O informe exposto hoxe en Consello sinala ademais que os primeiros meses do curso 2024/25 transcorreron con normalidade e sen incidencias significativas. Este curso ofértanse ás familias galegas máis de 32.000 prazas coa atención educativa gratuíta en todas as escolas infantís de Galicia: as públicas, as de iniciativa social e as privadas. Isto permítelle ás familias escoller a escola que prefiran e aforrar unha media de 3.000 euros cada curso.

Rueda lembrou que o Goberno galego destina “máis de 65 millóns de euros ao programa de gratuidade neste curso escolar”, o que permite que por terceiro ano consecutivo “as familias galegas non paguen nada pola atención educativa dos seus fillos”. Trátase dun investimento que a Xunta asume en solitario porque, a día de hoxe, o Goberno central segue sen colaborar coa gratuídade.

R., 2025-01-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (ramon-pineiro-egeria.jpg) Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).
Foto de la tercera plana (galicia-ilusiona-2026.jpg) Foio presentada a quinta edición de Galicia Ilusiona, o Festival Mundial de Ilusionismo de Galicia, que volverá converter a comunidade nun referente internacional da maxia durante os meses de novembro e decembro de 2026. Dirixido por Pedro Bugarín e Dani Polo, o festival, reunirá a seis artistas internacionais multipremiados: Mago Murphy, Toni Frebourg, An Ha Lim, Didak , Bonjin Koo e Diego @ Elena, que ofrecerán o mellor do ilusionismo en diferentes teatros e auditorios galegos, achegando espectáculos a milleiros de espectadores. A programación das galas Internacionais desenvolverase en oito cidades galegas: A Coruña, Cangas, Vigo, Pontevedra, Lugo, Ferrol, Ourense e Santiago de Compostela, entre o 20 de novembro e o 13 de decembro.

Notas

A Casa de Rosalía en Padrón acolleu a presentación pública de 'TERRAVERSO. Laboratorio de Arte, Ciencia e Comunidade en torno ao Patrimonio Literario Rural', un proxecto liderado pola Universidade da Coruña (UDC), en colaboración coa Asociación de Casas-Museo e Fundacións de Escritores (ACAMFE) e financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), na modalidade Arte, Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade (ACTS).
A actriz e narradora oral Atenea García, o poeta e narrador Celso Sanmartín e as e os finalistas do certame 'Bótalle un conto' protagonizarán 'Contos de inverno', o ciclo de contacontos para adultos que promove a Vicerreitoría do campus. Dirixido a pór en valor a literatura de transmisión oral como parte do patrimonio inmaterial galego, así como subliñar o seu papel na preservación de tradicións, mitos ou lendas, este ciclo desenvolverase os días 19 e 25 de novembro, e 3 de decembro, na Casa das Campás.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES