
Un total de 458 centros escolares, desenvolven clubs de lectura nas súas bibliotecas durante este curso grazas ao apoio da Xunta, que destina un total de 400.000 euros a este programa. Isto supón un aumento do 11% tras a incorporación de 47 novos centros. A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, subliñou hoxe que estes datos corroboran a boa acollida entre a comunidade educativa deste programa que medra ano a ano. De feito, esta iniciativa entronca cos obxectivos fixados no novo programa de mellora da competencia lectora do Goberno galego, a través do cal se fixa un tempo dedicado a lectura na aula, impúlsase a oratoria e o debate e promóvese o intercambio de boas prácticas neste eido.
A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP visitou esta mañá o Colexio de Ardán, en Marín, un dos 458 centros que xa teñen implantado o programa, onde puido comprobar de primeira man o gran dinamismo do seu Club de Lectura. Judith Fernández subliñou que a través deste programa impúlsase unha aprendizaxe multidisciplinar, onde se consolidan os hábitos lectores, se fomentan as competencias básicas do alumnado como a comunicación lingüística social, cultural ou artística, así como o traballo en equipo e o diálogo interxeracional ao estaren abertos á participación das familias.
Datos por provincias
Por provincias, 171 dos centros integrados no programa son da Coruña (19 de nova incorporación este curso), 65 de Lugo (sete novos), 54 de Ourense (catro novos) e 168 de Pontevedra (17 novos). Cada un deles ten asignada unha contía de entre 500 e 1.230, en función do tipo de centro e do proposta presentada, para destinar fundamentalmente á adquisición de libros para as actividades do club, que pasarán posteriormente aos fondos da biblioteca escolar, así como para gastos derivados do funcionamento do club.
Este programa, xunto co Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), Biblioteca Creativa, Radio na Biblio, Lectura e familias, Bibliotecas Escolares Solidarias e outras accións, enmárcase no Plan LÍA (Lectura, Información, Aprendizaxe), a folla de ruta da Consellería de Educación neste campo.
Compartir experiencias
Poñer en marcha un club de lectura nun centro educativo consiste, basicamente, en promover a participación dun grupo de alumnado para compartir as súas experiencias lectoras, coa mediación dun adulto que conduza todo o proceso.
Normalmente estes clubs de lectura -cuxo espazo natural son as bibliotecas escolares- vense enriquecidos polo emprego das tecnoloxías da información e a comunicación (que contribúen á lectura en diversos soportes, permiten introducir as narrativas transmedia e facilitan a difusión de actividades), así como pola participación de adultos da comunidade educativa que propician o intercambio de experiencias interxeracionais.
Ademais da dinamización a prol da lectura e ámbitos de aprendizaxe de competencias clave para a vida, os Clubs de Lectura tamén están concibidos como espazos de convivencia e de educación cidadá.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.