Noticias

Galicia acadou en 2024 máximos históricos de transplantes e doazóns de órganos con 424 intervencións, o que supón un 28 % máis

O Servizo Galego de Saúde realizou 424 transplantes durante o pasado ano, o que supón a maior cifra desde que en 1981 se comezaron a practicar este tipo de intervencións na comunidade e un 28% máis que no 2023, cando se rexistraron 331. Produciuse un incremento en todos os programas de transplante salvo no de páncreas onde se mantiveron os datos (catro). En concreto, realizáronse 208 transplantes renais (un 24% máis que no 2023 e cifra récord), 118 de fígado (+34%), 64 de pulmón (+31%, tamén máximo histórico) e 30 de corazón (+36%). Galicia rexistrou no 2024 a maior taxa de doantes de órganos por millón de habitantes (50,7) desde a creación da Organización Nacional de Transplantes no 1989.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que Galicia acadou en 2024 cifras récord tanto en transplantes como doazón de órganos, un fito histórico para a sanidade pública galega que é, segundo salientou, “para sentirse orgullosos”.

Durante a súa intervención no acto de presentación dos datos de 2024 en Santiago, Rueda agradeceu o labor dos sanitarios que fan posible este tipo de intervencións e a súa profesionalidade; o traballo de difusión que fan os transplantados e “a xenerosidade” das familias dos doantes. Nesta liña, fixo fincapé en que “a solidariedade” é a clave de que España sexa un referente en materia de transplantes a nivel mundial, agradecendo ás persoas e ás familias que decidiron “que podían seguir tendo unha parte da súa vida dándolle a vida a outros”.

O Servizo Galego de Saúde realizou 424 transplantes durante o pasado ano, o que supón a maior cifra desde que en 1981 se comezaron a practicar este tipo de intervencións na comunidade e un 28% máis que no 2023, cando se rexistraron 331. Produciuse un incremento en todos os programas de transplante salvo no de páncreas onde se mantiveron os datos (catro). En concreto, realizáronse 208 transplantes renais (un 24% máis que no 2023 e cifra récord), 118 de fígado (+34%), 64 de pulmón (+31%, tamén máximo histórico) e 30 de corazón (+36%).

Ademais, tal e como salientou Rueda, Galicia rexistrou no 2024 a maior taxa de doantes de órganos por millón de habitantes (50,7) desde a creación da Organización Nacional de Transplantes no 1989. Este dato supón un incremento dun 26% respecto a 2023 e que contribuíu a que Galicia pechase o ano coa menor cifra de pacientes á espera de transplante da súa historia (193).

Perfil dos doantes

Preto de 3.500 persoas teñen doado os seus órganos en Galicia desde o inicio do programa de transplantes en 1981. A idade media sitúase nos 60 anos. A persoa doante de maior idade no 2024 tiña 87 anos e houbo catro menores.

Nesta liña cómpre destacar a posta en marcha hai máis dunha década do programa de doazón en asistolia que permitiu incrementar o número de doazóns, así coma a Lei orgánica 3/2021 da regulación da eutanasia, que contempla que estas persoas deixen por escrito o seu desexo de doar os órganos. Desde a entrada en vigor desta normativa houbo unha ducia de doazóns deste tipo en Galicia que permitiron transplantar a 45 persoas.

A estas cifras hai que sumar a doazón de tecidos que acadou os 179 doantes de córneas, 59 de ósos e 24 de segmentos vasculares, segundo os datos de 2024 da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). Ademais, hai 126.000 galegos e galegas que teñen a tarxeta que lles acredita como doantes de órganos, dos que 2.453 se rexistraron durante 2024. Na actualidade 8 de cada 10 familias din si a doazón en Galicia.

Outros fitos do 2024

Entre os 424 transplantes practicados o ano pasado en Galicia cómpre destacar que oito foron de urxencia cero -seis de corazón, un de fígado e outro de pulmón- e que o equipo do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) logrou realizar dez transplantes en só 36 horas grazas a dous doantes.

Ademais, un total de 107 galegos e galegas foron transplantados grazas a doantes doutras comunidade e 106 pacientes doutras rexións recibiron un órgano procedente de Galicia. Ademais, a comunidade tamén enviou órganos a Italia, Portugal e Francia, países cos que colabora España en materia de transplantes.

Cara aos 10.000 transplantes

Galicia inauguraba en xaneiro de 1981 o programa de transplantes cunha intervención de ril no Chuac. Desde entón, realizáronse 9.975 cirurxías deste tipo nos hospitais públicos da Coruña e de Santiago. A previsión é que ao longo deste mes se poida alcanzar a cifra dos 10.000 transplantes na comunidade galega.

R., 2025-01-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES