Noticias

Teatro do Noroeste estrea o espectáculo 'Guerra', no que percorre os conflitos bélicos abordados polo teatro universal

O espectáculo traslada o público a un edificio teatral totalmente destruído por un bombardeo durante unha guerra desatada no mesmo corazón de Europa, no que comezan a aparecer personaxes de grandes obras do teatro universal que foran representadas no seu escenario ao longo dos anos. Con esta premisa e a través de innumerables referencias teatrais aos conflitos bélicos, desde Shakespeare ata Lorca, esta traxedia bota man da comedia e a ironía para reflexionar e concienciar arredor dos efectos das guerras ao longo da historia e na actualidade. Sobre esta e outras cuestións xirará, ademais, o coloquio que o equipo do espectáculo manterá cos espectadores ao finalizar a función deste sábado no Teatro Principal.

A veterana compañía galega Teatro do Noroeste estrea esta fin de semana en Santiago de Compostela o seu novo espectáculo, Guerra, que poderá verse no Teatro Principal venres e o sábado, ás 20,30 horas. A posta en escena desta montaxe conta cun dobre apoio por parte da Xunta de Galicia, que subvencionou a súa produción a través da convocatoria de axudas á creación escénica e contribúe á programación destas primeiras funcións por parte de Compostela Cultura no seo da Rede Galega de Teatros e Auditorios, circuíto promovido pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en colaboración con 41 concellos.

Así o explicou hoxe o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, durante a presentación desta proposta xunto ao director xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, e ao equipo artístico que encabeza Eduardo Alonso como autor e director. Luma Gómez, Miguel Pernas, Manuela Varela, Maxo Barjas, Sabela Hermida e Xavier Estévez son os intérpretes de Guerra, que conta así mesmo coa dirección musical de Bernardo Martínez, a escenografía e o vestiario de Carlos Alonso e a produción de Eva Alonso.

Primeira estrea de 2025 no circuíto autonómico

Na súa intervención, Sutil felicitou a Teatro do Noroeste por esta nova produción na súa dilatada traxectoria, que deu comezo en 1987 da man de Eduardo Alonso e Luma Gómez. Destacou, ademais, que a de Guerra será a primeira das nove estreas que acolle durante este semestre a Rede Galega de Teatros e Auditorios no marco da carteleira de 343 actuacións de teatro, música, danza, circo e maxia que despregará en diferentes espazos das 41 entidades locais asociadas.

O espectáculo traslada o público a un edificio teatral totalmente destruído por un bombardeo durante unha guerra desatada no mesmo corazón de Europa, no que comezan a aparecer personaxes de grandes obras do teatro universal que foran representadas no seu escenario ao longo dos anos. Con esta premisa e a través de innumerables referencias teatrais aos conflitos bélicos, desde Shakespeare ata Lorca, esta traxedia bota man da comedia e a ironía para reflexionar e concienciar arredor dos efectos das guerras ao longo da historia e na actualidade.

Sobre esta e outras cuestións xirará, ademais, o coloquio que o equipo do espectáculo manterá cos espectadores ao finalizar a función deste sábado no Teatro Principal, ao que a compañía regresará o 24 de maio para representar Gloria Nacional como parte do foco escénico que lle dedica esta temporada Compostela Cultura.

Tras a súa estrea, Guerra porá rumbo cara a Ribadeo, A Coruña e Narón, onde poderá verse o 2, 14 e 15 de febreiro, respectivamente, tamén como parte da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

R., 2025-01-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (ramon-pineiro-egeria.jpg) Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).
Foto de la tercera plana (galicia-ilusiona-2026.jpg) Foio presentada a quinta edición de Galicia Ilusiona, o Festival Mundial de Ilusionismo de Galicia, que volverá converter a comunidade nun referente internacional da maxia durante os meses de novembro e decembro de 2026. Dirixido por Pedro Bugarín e Dani Polo, o festival, reunirá a seis artistas internacionais multipremiados: Mago Murphy, Toni Frebourg, An Ha Lim, Didak , Bonjin Koo e Diego @ Elena, que ofrecerán o mellor do ilusionismo en diferentes teatros e auditorios galegos, achegando espectáculos a milleiros de espectadores. A programación das galas Internacionais desenvolverase en oito cidades galegas: A Coruña, Cangas, Vigo, Pontevedra, Lugo, Ferrol, Ourense e Santiago de Compostela, entre o 20 de novembro e o 13 de decembro.

Notas

A Casa de Rosalía en Padrón acolleu a presentación pública de 'TERRAVERSO. Laboratorio de Arte, Ciencia e Comunidade en torno ao Patrimonio Literario Rural', un proxecto liderado pola Universidade da Coruña (UDC), en colaboración coa Asociación de Casas-Museo e Fundacións de Escritores (ACAMFE) e financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), na modalidade Arte, Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade (ACTS).
A actriz e narradora oral Atenea García, o poeta e narrador Celso Sanmartín e as e os finalistas do certame 'Bótalle un conto' protagonizarán 'Contos de inverno', o ciclo de contacontos para adultos que promove a Vicerreitoría do campus. Dirixido a pór en valor a literatura de transmisión oral como parte do patrimonio inmaterial galego, así como subliñar o seu papel na preservación de tradicións, mitos ou lendas, este ciclo desenvolverase os días 19 e 25 de novembro, e 3 de decembro, na Casa das Campás.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES