
A estes dous espazos séguenlle en número de visitas o Centro Galego de Arte Contemporánea, en Santiago, e o Museo de Belas Artes na Coruña. O primeiro recibiu no 2024 a 55.030 persoas que puideron gozar de propostas como Mayte Vieta. El sonido del mar ou Novos Imaxinarios, dúas mostras que rematarán este mes de xaneiro. Pola súa parte, o Museo de Belas Artes contou con 50.626 visitantes cun programa no que destacou unha recompilación das doazóns recibidas para a súa colección entre 2015 e 2023. Tiveron tamén moi boa acollida as exposicións Torre de la Parada ou Arquitecturas que falan do seu tempo, aínda dispoñible ata o 23 de febreiro. Tamén na provincia da Coruña, o Museo Camilo José Cela, en Padrón, sumou 4.890 visitas tanto á súa exposición permanente como a outras actividades impulsadas pola entidade do Goberno galego entre os que se inclúe o ciclo musical Extramundis nun ano no que se adheriu como recurso turístico asociado á Ruta dos Xardíns da Camelia.
En canto aos centros da provincia de Pontevedra, o Museo do Mar de Galicia, en Vigo, que acolleu mostras temporais como Luísa Villalta. A música das palabras, As mulleres e o mar. O traballo femenino nas industrias martítimas de Galicia. Séculos XIX e XX, ou Plácido R. Castro. Unha Galicia soñada, dispoñible ata o día dous de marzo, acadou unha afluencia de 39.158 persoas. Pola súa banda, foron 18.512 os visitantes que se achegaron ao Museo Massó de Bueu, no que as obras de mellora das instalacións descentralizaron a actividade do 2024 das exposicións temporais, baseándose en obradoiros e visitas guiadas cun grande éxito do percorrido pola fábrica de salgadura de Mourisca. A estas cifras hai que engadir as 12.529 persoas que acudiron ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro.
Pola súa banda, en Ourense, o Museo Arqueolóxico Provincial rexistrou un total de 15.931 entradas para profundar nos seus fondos, seguindo coa súa campaña de presentar ao público unha peza cada mes. No que respecta ao Museo Etnolóxico, foron 11.908 os visitantes contabilizados nun ano no que sobresaíu a mostra Ribadavia no seu patrimonio relixioso e que puxo en valor a riqueza patrimonial conservada na zona neste ámbito. Tamén en Ribadavia, o Museo do Viño de Galicia recibiu a 6.907 persoas. Ademais, o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, en San Cibrao de Las, tivo 10.386 visitas.
En Lugo, interesáronse en coñecer o Museo do Castro de Viladonga un total de 47.781 persoas, seguindo na mesma liña de visitas que en 2023. Neste senso, durante o ano pasado destacou entre a súa oferta cultural a mostra O acibeche no mundo antigo. Unha aproximación dende o Castro de Viladonga, froito dunha intensa investigación levada a cabo desde a institución museística.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.