Noticias

Galicia pon en marcha unha rede de 70 farmacias sentinela para anticipar a evolución da gripe

As 70 farmacias das catro provincias que se suman a este convenio achegarán semanalmente á Consellería de Sanidade datos sobre a venda de test de antíxenos e dos cinco medicamentos antigripais máis consumidos, o que será de gran valor para mellorar o control da enfermidade, integrando información adicional que axudará a dar unha resposta máis áxil e eficaz. Destas 70 farmacias, 30 son da provincia da Coruña, 10 da de Lugo, outras 10 da de Ourense e 20 da de Pontevedra. Os rexistros das farmacias, combinados cos datos de asistencia sanitaria en atención primaria e nas urxencias hospitalarias permiten, a través dun modelo matemático, anticipar con 15 días a evolución da gripe e as infeccións respiratorias agudas.

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, asinou hoxe un acordo de colaboración cos colexios oficiais de farmacéuticos de Galicia para a posta en marcha dunha rede pioneira de 70 farmacias sentinela para anticipar a evolución da gripe a partir da venda de test de antíxenos e medicamentos.

O acordo de colaboración foi asinado polo titular da carteira sanitaria cos presidentes dos catro colexios oficiais de farmacéuticos de Galicia, Sara Catrain da Coruña; Alejandro Sánchez, de Lugo; Santiago Leyes de Ourense; e Beatriz García de Pontevedra. O acto contou, así mesmo, coa presenza da secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade, Natalia Lobato, e da directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán.

Gómez Caamaño detallou que as 70 farmacias das catro provincias que se suman a este convenio achegarán semanalmente á Consellería de Sanidade datos sobre a venda de test de antíxenos e dos cinco medicamentos antigripais máis consumidos, o que será de gran valor para mellorar o control da enfermidade, integrando información adicional que axudará a dar unha resposta máis áxil e eficaz.

Destas 70 farmacias, 30 son da provincia da Coruña, 10 da de Lugo, outras 10 da de Ourense e 20 da de Pontevedra.

Os rexistros das farmacias, combinados cos datos de asistencia sanitaria en atención primaria e nas urxencias hospitalarias permiten, a través dun modelo matemático, anticipar con 15 días a evolución da gripe e as infeccións respiratorias agudas.

O conselleiro de Sanidade e os representantes dos colexios de farmacia trasladaron que a asistencia sanitaria por infeccións respiratorias medrou un 21% na última semana de 2024, ao igual que o consumo de produtos asociados nas farmacias, o que vén confirmar o inicio da onda de gripe, cun nivel de intensidade baixa en aumento progresivo.

Engadiron que a evolución da gripe está a replicar o comportamento do inverno de 2019 e fai predicir que, probablemente, o pico se acade cara a finais deste mes de xaneiro, na semana de entre o 20 e o 26, mantendo activa a vixilancia epidemiolóxica.

Gómez Caamaño salienta o valor de contar coas farmacias como aliadas estratéxicas do plan sanitario de inverno para anticipar o impacto da gripe e dotar a asistencia dos recursos necesarios.

Colaboración cos colexios farmacéuticos e plan de inverno

O máximo responsable da saúde da cidadanía galega sinalou que este convenio supón un paso máis, decisivo, nunha traxectoria de colaboración moi intensa que as farmacias galegas e a Consellería de Sanidade levan moito tempo mantendo a través de múltiples iniciativas, entre as que citou a implantación de sistemas personalizados de dosificación para fomentar a adherencia terapéutica, ou o proxecto para a entrega a domicilio de medicamentos a pacientes dependentes ou residentes en zonas illadas.

O conselleiro reiterou o seu agradecemento aos colexios oficiais de farmacéuticos galegos pola súa implicación neste proceso, o que demostra unha vocación de servizo público como axentes sanitarios que é de xustiza recoñecer. Incidiu en que con iniciativas como a de hoxe Galicia se sitúa unha vez máis na vangarda sanitaria, reforzando a colaboración entre os distintos profesionais para facer fronte aos retos de saúde.

R., 2025-01-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES