
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou este mércores na presentación do evento Gastro Movida Summit 2024 que se celebrará no Tinglado da Autoridade Portuaria os próximos 25, 26 e 27 de novembro para converter a cidade en capital da gastronomía e promover o turismo.
A representante autonómica salientou que "as bases de Gastro Movida son moi sólidas e o seu potencial é inmenso, creo nas súas posibilidades de crecemento porque se adapta ao que Vigo é e ao que Vigo necesita, unha cidade na que a gastronomía tomou un papel protagonista nos últimos anos a todos os niveis". Ademais, apuntou que Vigo "ten todos os elementos necesarios para converterse no punto de referencia nacional para todos os profesionais do sector" e o evento é a "panca perfecta para difundir contidos de valor" da industria da gastronomía.
Ana Ortiz estivo acompañada durante a presentación da vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, e do presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, ademais de algúns dos mellores cociñeiros da cidade, como Rafa Centeno, e representantes do CIFP Manuel Antonio e da escola Harina Blanca, entre outros.
O director de Gastro Movida, David Suárez, indicou que hostalería, produtores, distribuidores e profesionais doutras áreas expertos no sector estarán presentes nun congreso que promove, por encima de todo, o networking real, xa que se trata dun punto de encontro para crear sinerxias e negocio entre empresas e organizacións.
Pola súa banda, Luisa Sánchez, que puxo en valor unha cita que, en tan só tres anos, xa se converteu nun imprescindible do calendario de congresos vigués e que, estou segura, ten un gran futuro por diante. Na súa intervención, a vicepresidenta lembrou que a cidade ten o mellor produto que existe e os chefs con máis talento.
Gastro Movida Summit contará con 24 accións, showcookings, obradoiros de coctelería, competición de startups e máis de 80 relatores, entre os que destacan 5 chefs Estrela Michelín como Pepe Solla, de Casa Solla; Rafa Centeno, de Maruja Limón; Alberto G. Preclic, de Silabario, e Lydia del Olmo e Xosé Magalhaes, de Ceibe.
Tamén asistirán sumilleres de primeiro orde no panorama nacional como Tomás Ucha, de DiverXo (3 Estrellas Michelín); Ebelia Mora, de Pepe Vieira (2 Estrellas Michelín), Esther Daporta, de Yayo Daporta (1 Estrella Michelín), Estefanía Rodríguez Alves, de Culuca; ou Carlos Taboada, de Hotel Santo Mauro Madrid.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.