Noticias

A Xunta xa executou o 100% dos fondos europeos do Plan nacional Xacobeo para o impulso de proxectos tractores no Camiño

A Xunta de Galicia xa executou o 100% dos fondos europeos recibidos para promover proxectos estratéxicos para o turismo vencellados ao Camiño de Santiago no marco do Plan nacional de sustentabilidade turística en destinos Xacobeo 2021. Un programa dotado de preto de 8,3 millóns de euros e que se inclúe no Plan Xacobeo NextGeneration deseñado polo Executivo autonómico. En concreto, o Plan nacional incluía o deseño por parte da Comunidade autónoma de proxectos tractores para o turismo, para o que a Xunta elaborou unha liña de axudas que impulsasen a posta en valor de elementos patrimoniais senlleiros vinculados ao Camiño de Santiago para dotalos de usos turísticos.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe que a Xunta “xa executou o 100% dos fondos europeos” recibidos para “promover proxectos estratéxicos para o turismo vencellados ao Camiño de Santiago” no marco do Plan nacional de sustentabilidade turística en destinos Xacobeo 2021. Un programa dotado de preto de 8,3 millóns de euros e que se inclúe no Plan Xacobeo NextGeneration deseñado polo Executivo autonómico.

En concreto, o Plan nacional incluía o deseño por parte da Comunidade autónoma de proxectos tractores para o turismo, para o que a Xunta elaborou unha liña de axudas que impulsasen a posta en valor de elementos patrimoniais senlleiros vinculados ao Camiño de Santiago para dotalos de usos turísticos. Esta convocatoria está resolta e permitirá axudar “á posta en marcha dun hotel e dun espazo de restauración no Mosteiro de Oia, tamén nos faros grande e pequeno de Cabo Silleiro e da rehabilitación dun edificio na cidade de Vigo para impulsar os seus usos turísticos”.

Ao abeiro destes fondos, tamén está en execución “a sinalización da ruta ciclista Eurovelo 1, no seu trazado de Tui a Cee”, cun orzamento de máis de 1 M€ e tamén está adxudicado e a piques de entregarse “o proxecto de dixitalización de distintos itinerarios do Camiño de Santiago en Galicia”, así como a creación dun sistema de xestión que permita o seu mantemento, cun orzamento de máis de 800.000 €.

Do mesmo xeito, para impulsar e “mellorar os servizos na Ruta Traslatio”, tamén están en execución as obras coa previsión do remate no mes de decembro para “a mellora dos clubs náuticos de Sanxenxo, O Grove, Vilanova de Arousa, Boiro, Ribeira, A Pobra do Caramiñal e Rianxo”. O último proxecto deste plan nacional é o que supón “a creación dun centro de atención a peregrinos náuticos en Vilagarcía de Arousa”, cuxa adxudicación está prevista neste mes.

Estas medidas, das cales se informou hoxe no Consello da Xunta, enmárcanse no plan autonómico máis amplo denominado Xacobeo NextGeneration, para realizar actuacións vinculadas co Camiño de Santiago. Conta cun investimento global de preto de 40 M€ e inclúe tamén a rehabilitación de 12 bens de interese cultural no Camiño coa intención de seguir diversificando e mellorando os servizos dos itinerarios xacobeos nun momento en que a chegada de peregrinos está a evolucionar a moi bo ritmo, cun crecemento do 16%.

R., 2024-10-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES