
O venres 2 de agosto subirá ao escenario Amoebo, proposta de música urbana que roe nos ritmos latinos e o pop dos 80 para reinterpretar, sen complexos, a verbena galega. Un cóctel de festa e baile que aborda nas súas letras temas como o amor, o sexo e o día a día da xuventude e que promete non deixar a ninguén sentado no Gaiás.
Novos talentos e diversidade
Atardecer no Gaiás conta na súa programación de agosto con novos talentos como os galegos Alana gañadores do certame Xuventude Crea 2023 na categoría de música, a manchega Bewis de la Rosa e o grupo catalán Faneka, os madrileños Carrera Blanca ou o dúo arxentino-malagueño Cosmic Wacho. Un cartel no que conviven estilos diversos como a electrónica, o folk, a cumbia urbana, o indie, ou o electropop e que se completa con artistas de longo percorrido como ALARIDO e Santi Araújo desde Galicia, e Rocío Saiz desde Madrid.
O ciclo conta co apoio de Cervezas Alhambra e forma parte da campaña CulturON da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, que impulsa máis de 30 actividades culturais diarias por toda Galicia.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.