
A media de idade das persoas que participaron é de 47.01 anos, casada no 52.6% de casos, e cunha media de 1.20 fillos. Son muller con ampla experiencia laboral e cun alto nivel de formación: a media no mercado laboral é de 19.57 anos, e con 9.91 anos no posto actual (empresaria ou directiva). Un 82.41% conta con formación universitaria.
Entre os principais achados tras a análise da información recollida está o feito de que máis do 50% das enquisadas reportan síntomas de esgotamento emocional, despersonalización e baixa realización persoal, xunto coa percepción de risco para a saúde vencellada ao traballo; isto ten un impacto claro na produtividade, de xeito que un 53,54% das empresarias e directivas non alcanza o rendemento laboral esperado, cunha redución media do 26,44%.
Como factores de risco que explican a alta prevalencia da síndrome de burnout, o estudo apunta a falta de conciliación entre vida laboral e persoal e a carencia de recursos adecuados. Descóbrese ademais a importancia dos trastornos do ánimo no desempeño da actividade laboral: a enquisa amosou que hai unha alta frecuencia de ansiedade e outros trastornos do ánimo, como as dificultades no sono, que impactan na concentración e na toma de decisións.
Entre os signos de tipo ansioso, predominan nas mulleres enquisadas as dificultades para relaxarse, sentirse preocupadas e excitadas; estes signos están presentes en máis do 70% da mostra, ademais das alteracións do sono. Entre os de tipo depresivo son frecuentes os relativos á percepción de pouca enerxía. Todas estas alteracións vincúlanse coa diminución de produtividade.
Como contrapeso a eses factores de risco, a enquisa mostrou a importancia da resiliencia, pois a pesar dos desafíos, as enquisadas mostran unha alta capacidade de adaptación e recuperación fronte a unha situación adversa e un compromiso firme coa súa contorna laboral, aínda que descoidan as súas necesidades persoais.
Susana Martínez, quen ademais de investigadora do IDEGA é catedrática da Universidade de Murcia, considera que esta investigación subliña a urxente necesidade de abordar o burnout e os trastornos do ánimo nas mulleres líderes de Galicia para fomentar unha contorna laboral máis saudable e produtiva· unha peza clave do armazón empresarial.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.