
Os primeiros en chegar serán La Troupe Malabó, que traen dende Valencia o 3 de xullo o seu Karpaty á cidade, unha obra que foi seleccionada na Feira de Teatro de Ciudad Rodrigo 2021. O espectáculo utiliza a poesía visual para achegar á cativada a distintas realidades sociais como as migracións e a procura dun lugar propio a través de técnicas circenses, clown e música. O mércores seguinte, 10 de xullo, será o turno dos portugueses Wetumtum que deleitarán ao público co seu Crassh Xiri, un espectáculo participativo no que as percusións e os temas atemporais se mesturan con sons electrónicos e que recibiu o Premio do Público no Festival Internacional de Teatro de Castela e León 2021.
O 17 de xullo, a Cidade da Cultura encherase dos mellores temas das décadas dos oitenta e noventa con Viva o Pop!, unha proposta de Rock en Familia que nace para crear un espazo onde compartir a música da memoria cos máis pequenos da casa. Desde Alaska a Radio Futura, pasando por Nacha Pop ou Coque Malla. E para rematar, o Gaiás converterase nunha das máis de 100 sedes galegas que acollerán o espectáculo De Vilatriste a Vilalegre, de A Utópica Rodante, con motivo do 40º aniversario do Centro Dramático Galego. A proposta combina teatro actoral e de monicreques e confronta a fantasía coa realidade social do rural galego a partir da historia desta vila.
Con estas propostas de verán, a Cidade da Cultura continúa afondando na súa liña de programación familiar co fin de xerar espazos nos que agrome un ocio a través do que persoas de todas as idades poidan divertirse e aprender en conxunto.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.