
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, asinaron esta mañá un convenio polo que a Xunta de Galicia colaborará na homenaxe ao escritor Gonzalo Torrente Ballester, coincidindo co 25 aniversario do seu pasamento.
O acordo enmárcase na liña de actuacións do Goberno galego encamiñadas á divulgación, información e promoción da cultura. Neste senso, López Campos lembrou o compromiso da Administración autonómica para apoiar todas aquelas accións que axuden a promover a cultura galega e preservar a súa memoria. Así, engadiu, é todo un acerto organizar esta conmemoración na terra que viu nacer a Torrente Ballester, berce do imaxinario do que segue sendo todo un referente da literatura española.
A homenaxe que se lle renderá ao que foi Premio da Crítica (1972 e 1977), Premio Nacional de Narrativa (1981), Premio Príncipe de Asturias (1982), Premio Cervantes (1985) e Premio Planeta (1988), abrangue actividades de diversa índole. Deste xeito, no marco do programa xa se celebrou unha conferencia a cargo do presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, e estreouse unha composición musical de Miguel Brotóns sobre o homenaxeado. Ademais, contémplase unha publicación da biografía do autor e as representacións no Teatro Jofre das obras Las hermanas Recalde e Una gloria nacional. Complétase coa publicación dun libro revista escolar, a posta en marcha dun ciclo de cine sobre novelas ou guións de Torrente Ballester e a realización de mesas redondas con críticos e novelistas na Casa de Galicia de Madrid.
O custo total das actividades é de 37.467, dos cales a Xunta aporta 35.000 co obxectivo de honrar e manter viva a memoria do profesor e literato, achegando a súa figura á sociedade en xeral.
Convenio coa Biblioteca Nacional de España
Ademais deste acordo, a Xunta de Galicia está a tramitar un convenio coa Biblioteca Nacional de España, no que tamén participa o Concello de Ferrol, para a organización en Madrid dunha exposición sobre a figura de Torrente Ballester. Está previsto que a mostra se inaugure no mes de outubro na sede da institución e que teña posteriormente unha itinerancia en Ferrol no 2025.
Foto: Wikipedia
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Galicia é a rexión que máis solicitudes presentou en Europa para participar en proxectos interrexionais de I+D+i. Así o indican os datos da Vanguard Initiative, alianza europea da que a nosa Comunidade forma parte, xunto a outras rexións, para estimular o crecemento europeo da I+D+i a través da colaboración entre territorios de distintos países e a especialización intelixente. Precisamente a Xunta vén de publicar a convocatoria VInnovate Galicia, unha liña de axudas para organismos de investigación e empresas que presenten proxectos con outras rexións. Para poder candidatar á convocatoria VInnovate Galicia da Xunta, cuxo prazo de presentación de propostas está aberto desde hoxe ata o 19 de outubro, os posibles participantes teñen que presentarse antes á fase europea.