Noticias

Os familiares colaterais non terán que pagar o imposto de sucesións nas herdanzas de ata 25.000 euros

Estarán exentos de impostos os legados de ata ese importe entre irmáns, tíos, sobriños, sogros, cuñados, xenros e noras. Ata agora, tal e como explicou o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, os irmáns non tiñan que pagar nada se a herdanza era de como máximo 16.000 euros e o resto de familiares colaterais, nos legados de ata 8.000 euros. Mediante as sucesivas reformas que o Goberno galego ven realizando do Imposto de Sucesións e Doazóns (ISD), dende 2016 houbo máis de 813.500 persoas beneficiarias desta tributación, ás que hai que engadir as máis de 13.900 persoas beneficiarias do mellor tratamento fiscal en herdanzas entre irmáns.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que a Xunta vai continuar reducindo a tributación das herdanzas entre parentes, tal e como se comprometou a facer durante os primeiros 100 días de Goberno. En concreto, o titular do Executivo autonómico indicou que se vai modificar a normativa para que "os familiares colaterais non teñan que pagar o imposto de sucesións nas herdanzas de ata 25.000 euros".

É dicir, estarán exentos de impostos os legados de ata ese importe entre irmáns, tíos, sobriños, sogros, cuñados, xenros e noras. Ata agora, tal e como explicou o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, os irmáns non tiñan que pagar nada se a herdanza era de como máximo 16.000 euros e o resto de familiares colaterais, nos legados de ata 8.000 euros.

O Consello da Xunta coñeceu hoxe o informe sobre a medida a adoptar no Imposto sobre Sucesións e Doazóns (ISD), unha decisión que, unha vez en vigor, podería beneficiar "a máis de 9.500 galegos e galegas cada ano", segundo indicou Corgos, facendo que deixen de pagar o imposto en torno a un 65% dos parentes do grupo III (colaterais de segundo e terceiro grado, e ascendentes e descendentes por afinidade).

O Goberno galego continúa deste xeito afondando na reforma normativa que permite reducir a tributación nas herdanzas entre familiares directos. Nesta liña, o presidente fixo fincapé en que tras esta nova modificación "Galicia vai ser a cuarta comunidade" con menos impostos para os parentes colaterais.

Tal e como explicou Corgos, dunha banda vaise unificar a redución con independencia do parentesco que se ten respecto á persoa falecida, de xeito que a redución sexa do mesmo importe xa esteamos ante unha sucesión a unha irmá ou a unha sobriña, por exemplo. Por outra banda, vaise incrementar a redución ata os 25.000 euros, o que supoñerá unha diminución, para os irmáns, dun 56% e para o resto dos parentes dese grupo de case un 213%.

Máis de 800.000 persoas beneficiarias

Mediante as sucesivas reformas que o Goberno galego ven realizando do Imposto de Sucesións e Doazóns (ISD), dende 2016 houbo máis de 813.500 persoas beneficiarias desta tributación, ás que hai que engadir as máis de 13.900 persoas beneficiarias do mellor tratamento fiscal en herdanzas entre irmáns.

Con estas novas medidas Galicia convírtese na Comunidade Autónoma con mellor tratamento fiscal neste III tramo para as herdanzas inferiores a 25.000 euros e na 4º nos demais casos.

O presidente salientou que con esta medida Galicia segue o camiño de apostar pola rebaixas de impostos. "Levamos anos con rebaixas fiscais e imos seguir así con rebaixas, pouco a pouco e con sentidiño", indicou.

R., 2024-06-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES