
A primeira das mesas abordará a aplicación da tecnoloxía no sector cultural. Moderará a responsable de Comunicación, Marketing e Sostibilidade de El Pulpo, María Canle; e intervirán Paola Guimerans da Aula STEAM E-textiles: O Arte en STEM; Ana Martínez, técnica do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón de A Coruña; e Juan Carlos Fasero, director Xeral de Innovacion, Tecnoloxía e IA no Concello de Ourense.
O debate sobre a transformación dixital no sector turístico será moderado por Ruth González, xefa de servizo de Turismo da Deputación Pontevedra; e nel participarán Andrés Martinez, CEO de Iurban, unha empresa que ofrece chatbots conectados a 95 idiomas; Esther Rodríguez Ramos de MyStreetBook, especializada no uso da Intelixencia Artificial para a creación de rutas especializadas; e José Troitiño de SH360, que proporciona servizos integrais de xestión hoteleira.
A mesa final centrarase na transformación dixital das empresas deportivas. Moderada por Julio César Bernárdez da Federación Galega de Baloncesto, contará coa participación de Carla da Silva, técnica de Innovación do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar; Tito Ramallo de ScoutYouPro, unha plataforma dixital para o seguimento e avaliación do rendemento dos deportistas; e de Miguel Álvarez de Kaantera, unha aplicación dixital de planificación e control da actividade deportiva para clubs e redes de academias.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.